Conto: “Os tres porquiños” e actividades relacionadas

Autor/a: Ferradás Blanco, Lois; Santos Mato, Carlos
Idioma: Galego
Tamaño: 3084239
Descrición: Os contos son un medio educativo dun valor incalculable e ao alcance de todos. Calquera persoa, é quen de contarlle un conto ás crianzas. Contando o conto, establécese unha boa relación afectiva cos/coasnenos/as, que se habitúan a atender, a escoitar, a imaxinar, a representar e a concentrarse no que lles din, contribuíndo deste xeito ao desenvolvemento das capacidades relacionadas, que resultarán todas elas básicas para o desenvolvemento mental da crianza. Para que esto suceda, o que se conte ha de resultar agradable ou interesante para os/as nenos/as, e os contos, sobre todo cando se fai un esforzo por contalos ben, reúnen estas condicións. Tan só é necesario pronunciar as palabras máxicas, para abrir unha porta á fantasía: “Érase que se era…” Os tres porquiños.
A realización de actividades relacionadas co conto, axudaralles a comprender mellor a historia e a establecer relacións que van máis alá da propia historia narrada.

Ver ligazón