DIA DAS LETRAS GALEGAS EI CRECENTE (17 MAIO 2017)

As escolas infantís da rede “A Galiña Azul” lembran a Carlos Casares no Día das Letras Galegas

[18/05-2017] As escolas infantís lembran esta semana á figura do escritor e dinamizador cultural Carlos Casares, ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas (17 de maio) e cuxo conto deu nome a toda a rede autonómica de centros para nenos de 0 a 3 anos. Dende o pasado luns, día 15, tanto as escolas dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, como as xestionadas pola Axencia Galega de Servizos Sociais, desenvolveron centos de actividades co obxectivo de achegar aos máis pequenos a personalidade e obra de Casares, ao tempo que se fomenta o gusto e o respecto polo idioma galego.

DIA DAS LETRAS GALEGAS EI CRECENTE (17 MAIO 2017)

Entre as actividades realizadas nas escolas destacan: audicións e interpretacións musicais e de baile, xunto con degustacións gastronómicas de alimentos coñecidos, preparados de xeito diferente (EI Illa de Arousa); contacontos coa obra “A Galiña Azul”, elaboración de globos de distintas galiñas de cores e decoraciñón e creración de galiñas con oveiras (EI Oroso); elaboración dun “maio” relacionado con Carlos Casares, contacontos adaptado de “A Galiña Azul” por parte das educadoras, traballo do conto na mesa de luz e monográfico de Casares no espazo das familias (EI Narón); representacion do conto “A Galiña Azul” con títeres e difusión de información sobre o autor para as familias (EI Sada); pintado dunha galiña por parte dos nenos na estrada do centro, entrega dunha versión adaptada de “A Galiña Azul” ás familias (EI Carballo As Landras); contacontos con luz negra de “A Galiña Azul” adaptado ao ciclo, elaboración de cadros elaborados coa técnica de collage coa imaxe da galiña azul e exposición deles nos espazos da escola, elaboración por parte do equipo dun sinxelo puzzle en tamaño grande coa imaxe da galiña e colocación na entrada do centro para que as familias e os nenos interactúen con él (EI Arteixo Pastoriza); adaptación do conto “A Galiña Azul” e representación por parte do persoal do equipo e das familias (EI Sardiñeira e EI Montealto); escenificación con títeres por parte dunha nai dun relato breve de Casares (EI Vilalba); elaboración dun conto xigante sobre “A Galiña Azul”, adaptado, para que os nenos o manipulen e outras actividades (EI Sobrado dos Monxes); contacontos de “A Galiña Azul” por parte de dúas familias e obradoiro (EI Boiro); contacontos de “A Galiña Azul” (EI Viana do Bolo, EI Vilamarín de Valdeorras, EI Lalín Pontiñas); proxección dunha versión adaptada do conto “A Galiña Azul” realizado polo CEIP García Barbón, elaboración dun mural sobre o Día das Letras Galegas decorado polos cativos, realización dun marca-páxinas da galiña azul (EI Crecente); elaboración dunha versión de “A Galiña Azul” adaptada á escola e á zona, traballo na temática de alimentos sobre a obra “As Laranxas máis laranxas de todalas laranxas”, de Casares, e traballos (durante todo o ano) en torno á figura de Casares (EI Nogueira de Ramuín); representación con marionetas dunha adaptación do centro de “A Galiña Azul”, actuación dalgúns dos compoñentes do grupo folclórico “Ledicia”, xogos e experiencias de homenaxe a Casares e a Rosalía de Castro (EI Burela); etc…

DIA DAS LETRAS GALEGAS EI TRAS PARLAMENTO (17 MAIO 2017) DIA DAS LETRAS GALEGAS EI TRAS PARLAMENTO2 (17 MAIO 2017)