VISITA_EI_SOUTOMAIOR__11_MAIO_2018_

A Xunta pon á disposición das familias de Soutomaior 39 prazas na escola infantil da “Galiña Azul” no curso 2018-2019

[11-05-18] O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá a escola infantil desa localidade, centro que xestiona o ente público da Consellería de Política Social.

VISITA_EI_SOUTOMAIOR__11_MAIO_2018_

Perfecto Rodríguez lembrou na visita que a escola infantil de Soutomaior manterá o próximo curso (2018-2019) a súa oferta de prazas, cun total de 39, ao que se suma un centro de iniciativa social sostido con fondos públicos que conta con 115 prazas. En total, a oferta nese concello pontevedrés para nenos de 0 a 3 anos acada as 154 prazas, o que sitúa a súa taxa de cobertura pública no 70,97 %, moi por riba da recomendación da Unión Europea para os seus estados membros, que é do 33%.

 
Dende a súa entrada en servizo, no curso 2009-2010, o número de alumnos matriculados na escola infantil da rede autonómica “A Galiña Azul” en Soutomaior aumentou de xeito progresivo, completando a totalidade das súas prazas nos últimos anos. Cómpre destacar que as familias galegas disporán no próximo curso 2018-2019 de 10.264 prazas de 0 a 3 anos ofertadas nas 172 escolas da rede autonómica. Esta cifra supón 484 prazas máis que no actual curso, o que equivale a un aumento do 4,7%, que resulta da entrada en funcionamento de cinco novas escolas en Santiago, Lugo, Ourense, A Estrada e Mos, e do regreso á actividade da escola infantil de Santa Susana en Santiago, logo das obras de mellora acometidas nela.

 

Estas prazas compleméntanse con aquelas sustentadas con fondos públicos en escolas, tanto de iniciativa social, como privadas naqueles concellos onde a rede pública a día de hoxe non cubre a totalidade das demandas das familias, en centros de titularidade mu-nicipal, nas escolas infantís do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e da Universidade, así como as que se corresponden coas axudas do programa Bono Concilia. Así as cousas, no seu conxunto, a Xunta porá a disposición das familias o próximo curso escolar 24.081 pra-zas de 0 a 3 anos, o que continúa situando a ratio de atención por riba do 41%, oito puntos máis ca media aconsellada pola Unión Europea.