Últimas novas
VISITA_EI_OIA

A Xunta pon a disposición das familias de Oia 39 prazas na escola infantil da “Galiña Azul” no curso 2018-2019

[01-06-18] O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá a escola infantil da localidade pontevedresa de Oia, centro que xestiona o ente público da Consellería de Política Social.

VISITA_EI_OIA

A escola infantil de Oia manterá o próximo curso (2018-2019) a súa oferta de prazas, cun total de 39, o que sitúa a taxa de cobertura pública dese concello pontevedrés en escolas para nenos de 0 a 3 anos no 60 %, moi por riba da recomendación da Unión Europea para os seus estados membros, que é do 33%.

Dende a súa entrada en servizo, no curso 2008-2009, o número de alumnos matriculados na escola infantil da rede autonómica “A Galiña Azul” en Oia aumentou de xeito progresivo, completando a totalidade das súas prazas nos últimos anos. Cómpre destacar que as fami-lias galegas disporán no próximo curso 2018-2019 de 10.264 prazas de 0 a 3 anos ofertadas nas 172 escolas da rede autonómica. Esta cifra supón 484 prazas máis que no actual curso, o que equivale a un aumento do 4,7%, que resulta da entrada en funcionamento de cinco novas escolas en Santiago, Lugo, Ourense, A Estrada e Mos, e do regreso á actividade da escola infantil de Santa Susana en Santiago, logo das obras de mellora acometidas nela.

Estas prazas compleméntanse con aquelas sustentadas con fondos públicos en escolas, tanto de iniciativa social, como privadas, en centros de titularidade municipal, nas escolas infantís do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e da Universidade, así como as que se co-rresponden coas axudas do programa Bono Concilia. Así as cousas, no seu conxunto, a Xunta porá a disposición das familias o próximo curso escolar máis de 24.000 prazas de 0 a 3 anos, o que continúa situando a ratio de atención por riba do 40%, sete puntos máis ca media aconsellada pola Unión Europea.