Últimas novas
VISITA EIs COVELO-CRECENTE

A Xunta mantén un ano máis a súa oferta nas escolas infantís da “Galiña Azul” en Covelo e Crecente

[30-05-18] O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, respectivamente, visitou as escolas infantís da rede “A Galiña Azul” nos concellos de Covelo e Crecente, nas que a Xunta de Galicia continúa mantendo a súa oferta para facilitar a conciliación laboral e familiar dos veciños da zona.

VISITA EIs COVELO-CRECENTE

A escola infantil da rede “A Galiña Azul” en Covelo, que volve ofertar 30 prazas para pequenos de 0 a 3 anos para o curso 2018-2019, conta este ano con 22 alumnos matriculados e 17 admitidos na lista provisional para o próximo curso. A visita desta mañá serviu tamén para que o xerente e o rexedor de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, analizaran posibles melloras para esa escola, co fin de optimizar a prestación do servizo.

A escola infantil unitaria de Crecente, reaberta polo Consorcio hai dous anos para facilitar a conciliación das familias, co obxectivo de fixar poboación no rural, ofertará de novo 20 pra-zas para o próximo curso. No presente están matriculados nese centro 9 alumnos, cunha lista provisional para o 2018-2019 de 5 pequenos (o mínimo establecido pola Consellería para manter un centro en funcionamento), aínda que as previsións apuntan a que, unha vez iniciado o curso, incorporaranse máis usuarios, tal e como xa sucedera este ano.

Cómpre destacar que as familias galegas disporán no próximo curso 2018-2019 de 10.264 prazas de 0 a 3 anos ofertadas nas 172 escolas da rede autonómica. Esta cifra supón 484 prazas máis que no actual curso, o que equivale a un aumento do 4,7%, que resulta da en-trada en funcionamento de cinco novas escolas en Santiago, Lugo, Ourense, A Estrada e Mos, e do regreso á actividade da escola infantil de Santa Susana en Santiago, logo das obras de mellora acometidas nela.

Estas prazas compleméntanse con aquelas sustentadas con fondos públicos en escolas, tanto de iniciativa social, como privadas, en centros de titularidade municipal, nas escolas infantís do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e da Universidade, así como as que se co-rresponden coas axudas do programa Bono Concilia. Así as cousas, no seu conxunto, a Xunta porá a disposición das familias o próximo curso escolar máis de 24.000 prazas de 0 a 3 anos, o que situará a ratio de atención por riba do 41%, oito puntos máis ca media aconse-llada pola Unión Europea.