EI PONTE CALDELAS1

A rede de escolas infantís da Xunta de Galicia participa no Día Internacional contra a Violencia de Xénero

[24-11-2017] As escolas infantís da rede autonómica “A Galiña Azul” participaron activamente ao longo da xornada de hoxe na conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra mañá, sábado, 25 de novembro.
Nenos, educadoras e familias das escolas infantís da rede “A Galiña Azul”, tanto da Axencia Galega de Servizos Sociais, como do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, implicáronse nunha serie de actividades que xiraron en torno á expresión “Respectémonos”, como manifestación do concepto do respecto mutuo entre as diferentes persoas, e a cor morada, nese caso, símbolo da loita contra esta lacra social. Os pequenos colaboraron na elaboración de murais con corazóns, frases de sensibilización, impresión de mans con tinta ou fotografías… pero sempre con mensaxes en positivo.

A seguir podemos ver unha mostra da intensísima participación nestas actividades en todos os centros para nenos de 0 a 3 anos da rede autonómica pública “A Galiña Azul”…

Escola infantil de Ponte Caldelas

Escola infantil de Ponte Caldelas

Escola infantil de Vigo-Valadares

Escola infantil de Vigo-Valadares

Escola infantil de Fene-Perlío

Escola infantil de Fene-Perlío

Escola infantil de Vilalba

Escola infantil de Vilalba

Escola infantil de Ribadavia

Escola infantil de Ribadavia

Escola infantil Carballo-As Landras

Escola infantil Carballo-As Landras

Escola infantil Ourense-Antela

Escola infantil Ourense-Antela

Escola infantil A Coruña-A Sardiñeira

Escola infantil A Coruña-A Sardiñeira