A crianza de pé

Autor/a: Ferradás Blanco, Lois; Santos Mato, Carlos
Idioma: Galego
Tamaño: 188198
Descrición: O bebé, dende o seu nacemento, explora o seu contorno máis próximo e descubre todos os obxectos que atopa ao seu alcance. A medida que as súas posibilidades llo permiten, colle e manexa cousas grandes, levanta as máis pequenas e déixaas caer, busca outras para facelas rodar. Sabe sinalar co dedo o que desexa obter.
Ao acabar o primeiro ano ou antes, móvese, vai a gatas, e mesmo intenta dar algún pasiño incerto. A medida que o seu mundo se fai máis grande, e vai tomando coñecemento del, conquista o seu ambiente; as cousas que antes só podía ver, agora pode alcanzalas, se quere.

Precisa o apoio da persoa adulta, ser animado por ela xa que cada exploración contén algunha incógnita que el teme como unha ameaza.
Nesta idade a tarefa máis importante da persoa adulta é intentar que o neno poda satisfacer sen riscos, a súa necesidade de experimentar sempre novas habilidades.

Descargar