A comer, tamén se aprende (2) : Aprendendo sobre o momento de comer

Autor/a: Santos Mato, Carlos; Ferradás Blanco, Lois
Idioma: Galego
Tamaño: 139593
Descrición: Dende que nacemos, o acto de comer produce nas persoas unha sensación gozosa. A medida que imos gañando en autonomía, e en experiencia coas comidas, somos quen de manifestar os nosos gustos e preferencias e de controlar as situacións que rodean ao acto de comer. Este logro, sen dúbida, forma parte dun proceso educativo, no que as persoas adultas xogan un papel fundamental; tanto no que se refire á adecuación do que comemos como no que atinxe ao como afrontamos o momento das comidas.
Neste artigo, abordamos o segundo destes aspectos, o que se refire ás situacións que rodean ao momento de sentarnos á mesa a gozar da comida, e que require do control desa situación en forma de comportamentos habituais saudables.
Descargar