A comer tamén se aprende (1): Aprendendo sobre o que comemos

Autor/a: Santos Mato, Carlos;Ferradás Blanco, Lois
Idioma: Galego
Tamaño: 131154
Descrición: Dende que nacemos, o acto de comer produce nas persoas unha sensación gozosa. A medida que imos gañando en autonomía, e en experiencia coas comidas, somos quen de manifestar os nosos gustos e preferencias e de controlar as situacións que rodean ao acto de comer. Este logro, sen dúbida, forma parte dun proceso educativo, no que as persoas adultas xogan un papel fundamental; tanto no que se refire á adecuación do que comemos como no que atinxe ao como afrontamos o momento das comidas.

O coñecemento do que comemos, así como as formas en que podemos combinar e presentar os alimentos, forma parte do contido deste artigo.
Descargar