Arquivo da categoría: CURSO 09-10

A auga e o xeo

A auga nos seus diferentes estados. Neste caso como estabamos no inverno nos interesaba moito que as crianzas, @s bombeir@s, coñeceran de preto o frío que está o xeo. Dous recipientes: un con auga e outro con guantes recheos de auga no seu estado conxelado. De maneira individual puideron experimentar coa auga e máis co xeo!

Camiño de sensacións

Na aula d@s barc@s construiron un pequeno pero á vez grande camiño… Este camiño estaba feito de diferentes texturas polas cales @s bebés foron pasando cos pes descalzos. Polo camiño non só tocaban cos pés senón que a súa atención reclamaba moito máis: mans, cara e resto do corpo experimentaron un mundo de sensacións!

Blog=Xanela ao mundo

   A xanela cara o  mundo que é o noso blog  as veces adoita permanecer inmóbil durante algún tempo xa que non sempre a dinámica da Escola  deixa tempo para el.  Nembargante, xa sabedes que a vida e o bulir de actividade continúan   por aquí e por alá en cada recanto e axiña lembraremos as actividades máis relevantes deste tempo.

O agardado vídeo da vendima

As uvas moradas que hai no lagar, as piso e as piso e as volvo a pisar.

Un día do mes de outubro, chegou un señor de barba branca á escola  chamado  Domingo e que resultou ser o pai de Nuria –educadora da aula dos bombeiros-. E Domingo, chegou cargadiño de trebellos para que todas e todos aprendésemos o sabio arte de facer mosto. E claro que fixemos mosto e ulimos o doce cheiro das uvas, e sentimos, nos espidos pés, coma explotaban as moradas uvas desexosas de ser zume.

E tanto pracenteiro  traballo  levounos a aquel rico mosto, xa con un pouco de grado, que os adultos bebíchedes  o día do festexo do Samaín.

GRAZAS DOMINGO!

 

vendima-09-101 

SEMPRE COA MÚSICA

  N a escola sabemos que as crianzas gostan da música, do ritmo e da ledicia que supón deixarse levar polas cadencias das melodías nun interminable danzar. Sempre teremos música para durmir, para bailar, para escoitar, para dramatizar,….

   O noso corpo está cheo de posibilidades para facer música e tamén gostamos facela con algún instrumento coma estas buliciosas maracas que fixeron nas aulas dos trens e dos foguetes espaciais.