Arquivo da categoría: Curso 07-08

Eiquí queda un pequeniño recordo do que foi o curso 2007-2008…

En lembranza…

Mergullando no ordenador atopamos unha pequena homenaxe que fixemos ás crianzas da aula de 2-3 do curso pasado… como probablemente non o teñan pois si entran, de novo, no blogue para ver o traballo que seguimos realizando poderán atopar esta pequena sorpresa que Nuria e Iria desexan que lles guste… Aínda nos lembramos moitísimo de todas e todos!Moitos bicos…festa-de-fin-de-curso-07-08

Vacacións de verán!

A equipa educativa da Escola Infantil de Fene quere despedirse de todas as lectoras e lectores do noso blog até o mes de setembro no que un novo curso dará comezo.

Moitas grazas a tod@s e esperamos que pasedes un bó verán e que desfrutarades moito co noso blog!

                                       Equipa educativa.jpg

                                                                          homer-vacaciones[2].jpg

Non queríamos despedirnos tampouco sen darlle a noraboa a CAROLINA e a DARÍO, por ese pequeno que acaban de traer ao mundo! Bicos e apertas de toda a equipa para vós!

                                                                GRAZAS E ATA SETEMBRO!

Cómo medraron @s nos@s bebés!

Cando estas pequenas e pequenos chegaron á galescola eran unha pulguiñas pequeniñas que puidechedes ver noutros apartados do blog. Agora xa están feitos uns mozos e unhas mozas: a gran maioría camiñan sós, percorren a escola para coñecela, algúns xa empezan coas súas primeiras palabras, cantan, xogan, aprenden,… Aquí tedes mostra deles desfrutando dun bo día no patio!

                                      P7160161.JPG

 Dentro de pouco xa deixarán de ser @s pequen@s da escola pois xa só queda un mes e medio para que @s nos@s bebés xa pasen a 1-2. Bicos moi fortes e que desfrutedes das vacacións!

P7160160.JPG       P7160159.JPG      P7160158.JPG

Despedida das crianzas que deixan a escola no C.M.I.U. de Fene…

Despois de tantos momentos que levamos compartidos ao longo do ano gustábanos darlles ás crianzas e as súas familias unha despedida como realmente se merecían.

Organizamos unha saída de convivencia xunto coas familias ao Círculo Mercantil Industrial Unidade de Fene: instalacións que contan con piscina, zonas verdes, parrilladas, pistas para deportes,…

PISCINA_4PISCINA_2

PISCINA_3 DOCU13

As familias, as crianzas e as educadoras puidemos desfrutar dunha xornada lúdica con comida compartida elaborada polas familias, bañándonos nas piscinas, xogando no parque,…

PISCINA_1PISCINA_5

As educadoras tamén desfrutamos moito da festa…

PISCINA_6 PISCINA_7

Cando chegaron ás sete da tarde xa estabamos rendid@s pero aínda nos quedaban gañas para visualizar o documental, a entrega de camisetas e orlas, pequenos agasallos para as crianzas e para as familias… e, para darlles ás educadoras un gran BICO e unha gran APERTA!

PISCINA_8 docu1 docu8 docu4

docu3 docu12 docu12 docu11

docu11 docu9 docu10 docu5

Non podemos rematar esta anotación sen darlle as grazas a todas esas crianzas que este ano nos brindaron tan maravillosos momentos:

ANXO BRUNO FONSO LUCÍA LUNA JORGE IVÁN IRIS

NOA G. NOA R. PAULA D. PAULA S. YAGO ROI SARA

NEREA ALBA JAVIER MARCOS BRAIS SERGIO JAIME

GRAZAS A TOD@S E ATA SEMPRE!

“I FESTA DE FIN DE CURSO DAS GALESCOLAS DE GALIZA”

Con toda a ilusión dunha equipa educativa que comeza quixemos presentar un pequeno stand de todo o que levamos feito ao longo dun curso.

De todos xeitos consideramos que un curso daría para moito máis pero levamos algunhas das cousas máis significativas que tiñamos.

 Aquí vos deixamos mostra del…

stand_01stand_02

Unha parte da nosa equipa educativa…

equipaeducativa_standDe esquerda a dereita:Susana, Emma, Eva, Santi e Nuria.                               E na parte de abaixo: Iria, Marián (a nosa directora en funcións) e Fernando.

 Queremos agradecer a participación das familias na asistencia á festa…

familias_01   familias_02

… e tamén a MAMA CABRA… pola súa maravillosa interpretación! GRAZAS!

                                       MAMACABRA_01

Festa de fin de curso na galescola!

Despois deste primeiro ano tan intenso, a equipa educativa consideramos que debíamos festexalo cunha gran festa para toda a escola.

Organizamos o I CONCURSO GASTRONÓMICO DE PINCHOS E POSTRES,…

postre_03postre_02postre_01

Qué ricos estaban todos! (a oruga foi unha das gañadoras)…

Tamén se fixeron xogos para as familias e para as crianzas, teatrillo… crianzas_01

e até tivemos a sorte de que Silvia Penide nos acompañou coa súa voz na festa.

Silvia_PenideMiña cariña redondiña… ten dous ollos e nariz…SILVIAPENIDE_02
                                         silvia penide_01
e tamén unha boquiña pra cantar e pra rir….
Moitas grazas a todas e a todos pola vosa participación!

15 de Maio do “Día das familias”

Co galo do festexo o vindeiro 15 de Maio  do “Día das familias”  incluímos na nosa programación diversas actividades educativas dirixidas ás crianzas e ás familias.

“PROGRAMACIÓN NA GALESCOLA FENE”

Martes 13 de Maio
(Santiago e Fernando)
18h “Os xogos populares na Galiza”  Presentación a cargo do Mestre e escritor “Antón Cortizas”  (Adultos).

18:45h-20h Tempo de xogos populares adaptados ás  idades das nosas crianzas. As familias poden achegar ao centro algún  xogo tradicional. (Familias e crianzas).

Libros e xoguetes tradicionais encheron o patio central. Grazas   GONZALO -pai de Emma-, POLO, FÁTIMA,…!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

libros.JPG   yo-yo.jpg

ESCOLA 020.jpg    ra.jpg

botellas.jpg

 

antón.jpg        nais pais.jpg

Cando facemos actividades polas tardes invitamos tamén as/os irmáns, das crianzas matriculadas no centro, convertendo os actos nun tempo de convivencia.

E mentras as familias escoitaban a Antón Cortizas….

Tempo de xogo.

 

bolos1.jpg

 

Tempo de pintar. 

 

Pintando1.jpg

Tempo da merenda. 

Merenda.jpg
merenda3.jpg   Merenda1.jpg

Tempo de relaxación.

sabala e xan.jpg   sabela e catuxa.jpg

GRAZAS CONCELLO DE FENE POLA PANTALLA E O PROXECTOR QUE FIXERON POSÍBEL A PRESENTACIÓN DE ANTÓN CORTIZAS.!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Xoves 15 de Maio
(Iria e Nuria)
18h  Tocamos, sentimos,……..experimentamos!  Obradoiro para Adultos cheo de cor no que as familias confeccionaredes un cadro. Materiais coma a plastilina , a  pintura de dedos,  papeis de texturas,….levaranvos a experimentar o que as vosas crianzas a cotío.(As crianzas  poden vir a escola aínda que o obradoiro é para adultos).

traballos.JPG    traballos (1).JPG

ESTRELA.JPG   CASA.JPG   CARACOL1.JPG

PREPARANDO.JPG   INICIO2.JPG   INICIO1.JPG

SARA.JPG   NOA.JPG    INICIO.JPG

GRAZAS Trini -nai de Yago-, María -nai de David, Verónica -nai de Iván-, Isabel -nai de Sara-, Ana Mª -nai de Noa Romero- e Mª Isabel -nai de Roi-.!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 

Martes 20 de Maio
(Susana e Marián)
18h Proxección de vídeos e posterior debate.
“El sueño imposible” I,II. Vídeo coeducativo sobre o reparto de tarefas no fogar e a educación das crianzas. (Adultos).
“Los niños lo ven, los niños lo hacen”  Repercusión  dos actos dos maiores no comportamento das crianzas. (Adultos).
“Mamás y papás”  Vídeo sobre os malos tratos. (Adultos).

(As crianzas  poden vir a escola aínda que o obradoiro é para adultos).
 

———–de Xuño
(Emma e Charo)
 17h  Festa de convivencia.
Proxección de fotografías feitas ao longo do curso, actuacións , concurso de cociña e outras sorpresas (Familias e crianzas).

Un saúdo.
Carolina

23 DE ABRIL “Día Mundial do libro e dos dereitos da/o autor/a” 0-1 anos.

0-1 anos

Marián e Susana argallaron para que nesta data tan sinalada unha avoa ou un avó viñeran á Escola Infantil a contar un conto ás crianzas. Preguntando, preguntando, deron con Xoán García, avó de Mateo. E chegado o día, unha grande, moi, moi, grande sorpresa nos agardaba. Xoán non chegou cun conto calquera que contar, Xoán non quería que lle deixaramos un conto da escola para ler, Xoán traía, baixo o brazo, un conto feito por el, cheo de retalas e  feitizo  coma agasallo do día do libro.

AVÓ.JPG

Lede con  atención e repetide todo o subliñado.
 

RATIÑO

Lonxe, moi lonxe,moi lonxe,
Cerca, moi cerca moi cerca,
Había un longo buraco
No que vivía RATIÑO.
 

RATIÑO con oito irmáns
E os seus queridos papás,
a familia Rataplás,
saían tomar o Sol
Polas tardes, un pouquiño.
 

RATIÑO non tiña pelo,
Pois era un rato noviño
e o sol quentáballe a pel
e poñíao mouriño.
 

Protexido cunha verza
Da horta do tío Farruco
Marabillado quedou
Cando oíu cantar ao cuco.
 

Cu-cú, cu-cú, cu-cú
“Entre marzo e abril,
sae o cuco do cubil”,
dixo súa nai Ratalinda.
 

Ao cuco – cuco – cunqueiro,
Cantareiro e saltarín.
Ao cuco – cuco – cunqueiro,
Voador e peregrín:
Cucando, saltando
Voando, eu o vín.

Cando o sol ía marchando
tras os  montes de Ferrol,
dixo papá “Ratovello “:
Ala!, ratiños todos,
Que xa vai ser noite pecha,
Recollede os xoguetes.
Imos á casa.

E, un a un,
Foi chamando neles.
Ratiño……….Si papaiño.
Raticida……..Agora.
Ratibrón…….Aquí estou.
Ratchula…….Si.
Ratulón………Xa vou.
Rataforte…...Vai.
Ratulador……Son eu o do rabo de color
                      Ratoxoguetón…Oh!, pai…agarda un pouquiño que aínda hai unha pinga de día.
 

 

 

Veña metédevos dentro que anoitece, e de noite, todos os gatos son pardos e non os vemos, e eles a nós si, con eses ollos como luces que brilan e queiman.

Familia Rataplás, todas e todos dentro, dexeron os papás ao mesmo tempo.
 

 

 

Ducharse, cear, ver un pouquiño os Lunnis e a durmir, que mañá é día de escola.


Vale mamá. Vale papá…Biquiños…múa,múa.múa.
 

XOÁN GARCÍA
En Perlío Fene, a 23 de Abril /Día do libro 2008

 

Un feixe de bicos, para ti, Xoán!!!!!!!!

GRAZAS, moitísimas GRAZAS polo teu tempo e adicación.