A ESCOLA XA É A CASIÑA DE TODAS/OS

 Benqueridas familias!

Iniciado o curso e durante o período de adaptación moitos sentimentos afloran ao deixar ás vosas crianzas na escola. A través da vivencia de experiencias positivas de separación, as vosas crianzas van superando pouco a pouco a ansiedade que lles produce a vosa marcha, quedando reducida ao natural sentimento de tristeza que provoca o alonxamento dun ser querido. A tristura pola separación nin se pode nin se debe evitar; é un sentimento indicativo da saúde mental e afectiva. O que temos que evitar e paliar, na medida do posíbel, é a ansiedade, a inseguridade ou a anguria.Como dixemos cada crianza ten os seus tempos e faise preciso respectalos. NON DESESPEREDES! chegará o momento no que a confianza fará que a vosa crianza quede tranquila na escola. Separarse é necesario para medrar e sentirse seguro/a da capacidade de vivir e sentirse ben sen a presenza dos pais.Non é aconsellábel aproveitar un momento de distracción da crianza para desaparecer, xa que sería iso, unha desaparición e non unha separación polo que xeraría na crianza mais inseguridade e desconfianza cara aos pais.Porque a separación é difícil, convén que a despedida sexa CURTA, INTENSA, RÁPIDA E SEREA. As dúbidas na marcha non fan mais que prolongar o sufrimento creando na crianza a falsa expectativa de que ao final non marchará a nai ou o pai.Non dubidedes en comentar as vosas dúbidas e inquedanzas o/as educador/as ou en dirección ENTRE TODAS E TODOS PODEMOS MELLORAR A ADAPTACIÓN !

 Agradecervos, finalmente a colaboración neste proceso e ÁNIMO que dentro duns meses a alegría das crianzas na escola fará que esquezades estes malos ratos iniciais.

Unha Aperta!

 

 

 AS PEQUENIÑAS

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>