Arquivos mensuais: Outubro 2012

COLABORANDO

Dende a escola sempre estamos en disposición de axudar, na medida das nosas posibilidades,  a quen de nos necesite. Ao longo destes seis anos de andaina tivemos campañas de recollida de xoguetes polo Nadal, recollida de tapóns de plástico, mercadiño de Intermón Oxfan,…

 

Este ano temos abertas dúas liñas de axuda de forma permanente:

 

-Recollida de tapóns de plástico.

-Recollida de alimentos para Cáritas (O 15 de cada mes  achegamos ao local as doazóns).

 

Grazas familias pola vosa colaboración!

 

A ESCOLA XA É A CASIÑA DE TODAS/OS

 Benqueridas familias!

Iniciado o curso e durante o período de adaptación moitos sentimentos afloran ao deixar ás vosas crianzas na escola. A través da vivencia de experiencias positivas de separación, as vosas crianzas van superando pouco a pouco a ansiedade que lles produce a vosa marcha, quedando reducida ao natural sentimento de tristeza que provoca o alonxamento dun ser querido. A tristura pola separación nin se pode nin se debe evitar; é un sentimento indicativo da saúde mental e afectiva. O que temos que evitar e paliar, na medida do posíbel, é a ansiedade, a inseguridade ou a anguria.Como dixemos cada crianza ten os seus tempos e faise preciso respectalos. NON DESESPEREDES! chegará o momento no que a confianza fará que a vosa crianza quede tranquila na escola. Separarse é necesario para medrar e sentirse seguro/a da capacidade de vivir e sentirse ben sen a presenza dos pais.Non é aconsellábel aproveitar un momento de distracción da crianza para desaparecer, xa que sería iso, unha desaparición e non unha separación polo que xeraría na crianza mais inseguridade e desconfianza cara aos pais.Porque a separación é difícil, convén que a despedida sexa CURTA, INTENSA, RÁPIDA E SEREA. As dúbidas na marcha non fan mais que prolongar o sufrimento creando na crianza a falsa expectativa de que ao final non marchará a nai ou o pai.Non dubidedes en comentar as vosas dúbidas e inquedanzas o/as educador/as ou en dirección ENTRE TODAS E TODOS PODEMOS MELLORAR A ADAPTACIÓN !

 Agradecervos, finalmente a colaboración neste proceso e ÁNIMO que dentro duns meses a alegría das crianzas na escola fará que esquezades estes malos ratos iniciais.

Unha Aperta!

 

 

 AS PEQUENIÑAS

 

 

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA

Alá polo 2007 cando comezou a andaina da escola puxemos en marcha, tamén, a nosa biblioteca. Trala primeira achega de libros por parte do centro as familias fúchedes, despois, as principais responsábeis do seu crecemento. Pasados os anos dúas compañeiras, Iria Rodríguez e Iria Flavia, decidiron este curso revitalizar e reformular a biblioteca. Inventario dos fondos, nova xestión dos prestamos, dinamización a traveso de trípticos periódicos -con sección de crianzas, de adultos e recomendacións- son as principais novidades.

biblioteca-triptico1

LA REGLA DE KIKO

 

Benqueridas familias!

Aquí tedes un interesante enlace onde descargar un conto e unha guía para axudar á prevención do abuso a menores.

 

LA REGLA DE KIKO

Se estima que uno de cada cinco niños es víctima de violencia sexual, incluido el abuso sexual.
Puede ayudar a impedir que esto le suceda a su hijo y a los niños, niñas y adolescentes que están a su alrededor. Enseñe a su hijo “La Regla de Kiko”
.

 

www.laregladekiko.org
http://www.laregladekiko.org/Source/Book_es.pdf
http://www.laregladekiko.org/source/text_es.pdf


VENDIMA 2012

 

As uvas moradas que hai no lagar, as piso e as piso e as volvo a pisar”.

Din moitos estudosos que xa os celtas tiñan cultura vinícola e que os romanos sabían ben da riqueza dos nosos viñedos. É, pois, a vendima unha cita obrigada na escola.

E como cada outubro chegou á escola Domingo cargadiño de trebellos para que todas e todos aprendésemos o sabio arte de facer o viño. Fixemos mosto, ulimos o doce cheiro das uvas, e sentimos, nos espidos pés, coma explotaban as moradiñas uvas desexosas de ser zume.

GRAZAS DOMING0!

vendima-12_13

OS CONTOS

Benvidas, benvidos á xaneliña máxica da EI Fene neste curso 2012-2013. Os arrebatadores contos son este ano o noso eixo vertebrador de actividades. Sumerxímonos pois no imaxinario e comezamos.

A LÚA os doces bebés.

O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL crianzas da aula de 1-2 anos.

O CROCODRILO NAMORADO pequenas e pequenos de 2-3 A.

 

FREDERICK  pequerrechos e pequerrechas de 2-3 B.

O POLO PEPE o pequeno grupo da tarde.

Os imos  contar un conto
un conto moi especial
non sabemos de que trata
mais pronto se saberá

Teremos os ollos abertos
o cu pegado no chan
coas orellas escoitando
pronto imos  comezar…..”

TIC-TAC Pablo Díaz