Arquivos mensuais: Maio 2010

Obradoiro de Chocolate en “Sentidos e Sensacións”

“Non te manches, ten coidado…” jejejeje… era o día do mundo ó revés, xa que ó chegar á escola puxeron enriba da mesa chocolate fundido e… a pintar, a xogar, a saborear, a sentir, A EMPORCARSE!!!!!!

A única regra era: ¡NON HAI REGRAS! Logo algún tolo apuntouse con nós a última hora, e algún que outro (máis de sete e menos de nove) tivemos que darnos un baño exfoliente por detrás e por diante, por fora e por dentro… e que sueveciña nos quedou a pel!!!!

 

Luces de cores en “Sentidos e Sensacións”

Chegamos como sempre a clase. Parecía un día calquera, pero nos ollos dos nosos educadores refungaba un brillo de expectación.

Correron as cortinas. Apagaron as luces. E de súpeto diante do noso foguete espacial comezaron a aparecer misteriosas luces que se movían e mudaban de cor. Ver para crer. Sorte que temos fotografías dalgún deses momentos de contacro con naves espaciais e vagalumes.

A praia das barcas e os barcos

A aula dos bebés converteuse nunha exótica e paradisíaca praia. Tratamos de crear un ambiente agradable e cheo de afecto: coidando a iluminacións con candeas, a temperatura, o aroma, música relaxante e o decorado.

 

Xogamos coa area e as cunchas do mar, gozamos do baño de escuma e unha masaxe con aceite de améndoas.

 

Grazas pequeniños e pequeniñas polos momentos que compartimos tan especiais e marabillosos.

 

Obradoiro de Pintura

Durante o mes de Abril, nas aulas de 2-3 anos, traballamos as diferentes artes (danza, teatro, escultura, música…). Realizamos uns obradoiros de pintura nos que as crianzas pintaron en colabora cos seus familiares un cadro. Para a realización do cadro, tanto nenos como adultos xogaron con diferentes materiais tales como lentellas, area, pastas e pintura, entre outros.

Dende hoxe até o 31 de Maio, poderán verse expostas estas obras de arte na biblioteca de Fene. Esperamos que disfrutedes da exposición tanto coma nós disfrutamos ralizándoa!!!!!!!!!

Obradoiro de Danza

O pasado mes de Abril traballamos na escola as artes. Para axudarnos a coñecer un pouquiño máis o mundo da danza, a “Escuela de Danza Paloma” fixo unha actuación na que aparecían diferentes estilos de baile ( danza do ventre, jazz, hip hop, danza clásica…).

Moitas grazas á Escola de Danza pola súa colabora!!!!!!