Arquivos mensuais: Outubro 2009

A Maleta Viaxeira

A principios de curso chegou unha maleta a aula das crianzas de 1-2 anos, coma gostaba moito de percorrer o mundo chamáronlle: A MALETA VIAXEIRA!

Tras uns días na escola deixando que as crianzas abriran e pecharan nela, a maleta ,que por certo é de cor azul, marchou prometendo ás crianzas voltar chea de sorpresas.

Agardaron os pequeniños e cando xa case non se lembraban dela, retornou. Ollaban as crianzas expectantes mentres baixaba a cremalleira e tachán ; viña cargadiña de follas de outono!

As pequenas e pequenos disfrutaron outra vez coas bulliciosas folliñas secas e contáronlle á maleta que na escola fixeran unha grande festa de benvida do outono. A maleta pensou que non fora moi orixinal co seu cargamento así que mandou bicos para todas e para todos e emprendeu viaxe de novo.

Esta vez non debeu ir moi lonxe xa que , non ben pasaran dous días, e a maleta xa estaba de volta. E non traia follas, non, traía a Merchita e un montón de contos novos dunha biblioteca preto de aquí.

CONTINUARÁ….