Arquivos mensuais: Agosto 2009

PORTAS ABERTAS

 

Os pasados 27 e 28 de Agosto as novas crianzas achegáronse ao centro cos seus familiares en horario de 11 a 12 da mañá. Portas abertas para que as familias e as crianzas que se incorporan a escola, continúen coñecéndonos. 

 

As crianzas do ano anterior acolleron con sorpresa esta chegada de novas caras á Escola.

Adeus pequenas e pequenos de tres anos que deixades a Escola, xa está aquí o relevo pero teredes para sempre un oco no grande corazón da casiña que é a nosa  Escola.

 

APERTAS E BICOS PARA TODAS E PARA TODOS.

 

 

Biblioteca

 

Este é o recanto da biblioteca na Escola Infantil Fene.

Dende o curso pasado temos en funcionamento unha biblioteca. Os libros son parte da escola e parte doazón das familias. 

As crianzas teñen o aliciente de poder compartir na casa cos familiares eses contos que forman parte do seu pequeno mundo na Escola.

Na biblioteca tamén contades cun apartado para nais e pais  con libros de consulta.

 

Normas de uso:

Só se permite levar un libro por crianza escollido coa familia á saída  da escola.

É obrigatorio cubrir a folla de rexistro que atoparedes na zona da biblioteca antes da retirada do libro e no momento de devolvelo.

O tempo máximo entre recollida e devolución é dunha semana.

 

Agradecemos acheguedes á  bibloteca un conto por familia para que esta poida seguir medrando.

 

 

“OS “MEDIOS DE TRANSPORTE” Nova temática da Escola Infantil Fene

Coa chegado do novo curso unha nova temática chega ás nosas aulas. Todas as crianzas senten fascinación nos primeiros anos polos medios de transporte.  Barcos/as para as crianzas de 0-1 anos, Bombeiras/os para 1-2 anos e Naves Espaciais e Trenes para as aulas de 2-3 anos.

Ollade a nova decoración das Aulas das vosas crianzas.

 

BOLETÍN PARA AS FAMILIAS CURSO 09-10.

Coa ilusión da andaina que comeza co novo curso, queremos dar a benvida a todas as crianzas e ás súas familias que, xunto con todo o persoal,  formamos a Comunidade Educativa da Escola Infantil Fene.

 

Coa axuda de todas e todos teceremos as canles, un ano máis, para unha escola aberta e  comunicativa baseada na participación e na cooperación mutua.

 

Este é o boletín que vos entregaremos como guía na xuntanza de hoxe  25 de Agosto do 2009.

 

Unha Aperta.

A Equipa Educativa.