Arquivos mensuais: Abril 2009

Festa da primavera…

Coa chegada da primavera, chegaron as primeiras flores con eses raios de sol a pesares de que segue a chover… Na aula das estrelas de mar fixemos un combinado: festa+colonia+baño de pétalos… Foi unha experiencia chulísima… Sí que é certo que houbo algunha e algún que chorou un pouquiño pero despois non había que nos quitara de esa exquisita sensación… Pasárono pipa!

bano-de-flores

“Acto en defensa da rede de galescolas”aNimÁdEvOs A vIr!

 

GALESCOLA FENE

 

A Comunidade Educativa da Escola Infantil Fene organiza o sábado 4 de Abril un acto festivo, na praza do Concello de Fene, en DEFENSA DA REDE PÚBLICA DE ESCOLAS INFANTÍS. O acto comeza ás 17:30h coa elaboración dun mural polas crianzas. Contarase coa actuación do grupo infantil Mamá Cabra,  haberá un stand  de exposición de traballos e mesa para recollida de sinaturas.   

 

 Estades todas e todos convidados! e, por suposto, canta máis asistencia mellor! Grazas de antemán!

 

Fene, 3 de Abril. de 09.

A Comunidade Educativa