Arquivos mensuais: Marzo 2009

Navegando pola rede…

As novas tecnoloxías tamén aparecen de vez en cando na nosa galescola… A verdade é que é un recurso co que as crianzas se divirten e aprenden un montón… Isto é porque as deixa cautivadas o tempo que dura a actividade… Puxémoslle o título de navegando pola rede porque por ela podémonos atopar con multitude de actividades infantís que lles encantan dende a Ratiña Lola até outras actividades moi interesantes do MEC.

Por aquí podedes ver as súas cariñas…

As construccións…

As construcción forman parte do día a día da nosa Escola Infantil. É un recurso de xogo que encanta co que nenas e nenos deixan voar a súa imaxinación: construindo a torre máis alta, o avión máis veloz, incluso granxas para os animais,…

Non só construimos coas pezas de cores, tamén construimos con caixas que tamén dan moito xogo pois podémonos meter dentro delas, tamén facer torres y moitas cousas máis!

A chegada da primavera…

Chegou a primavera e con ela a decoración da aula ten que variar un pouquiño. @s cabaliños de mar encargáronse de retirar toda a decoración que tiñan relacionada co inverno e empezaron a facer flores para ir colocando no  mural… a verdade que tiveron que traballar a reo pero o pasaron pipa!Para a súa realización empregaron materiais de distintos tipos: afiaron pinturas e empregaron as virutas de cores, porexpan, pintura, cartolinas,…

 

A sorte de aprender mutuamente!

Estes meses na Escola Infantil de Fene tivemos a sorte de ter dúas rapazas de prácticas: Verónica e Rebeca. A verdade que estiveron desenvolvendo un traballo magnífico polo que lles propuxemos o deseño dalgunha actividade que lles apetecera facer coas crianzas. Foi un bo resultado! Das distintas actividades que propuxeron deixámosvos algunha para que poidades vela… Grazas a Verónica e a Rebeca!