Arquivos mensuais: Febreiro 2009

Cada día da semana festexamos o Entroido…

É verdade que a festa grande do Entroido aínda non chegou pero na Escola Infantil de Fene xa nos anticipamos na nosa programación:

E eiquí tedes algúns dos resultados… a verdade é que foi moi divertido! Pasámolo pipa!

* CRIANZAS DE TARDE!

* OS POLBOS: 

 A festa tamén deu para moito… a verdade é que o pasamos de marabilla! Foi un grande éxito e un momento de convivencia de toda a galescola xa que todas as crianzas, dende os bebés, saímos a festexalo con música no patio.

1ª xuntanza: “Espazo das familias”

Despois de moito ir e vir, de moitas pedras polo camiño, por fin fomos capaces de levar a cabo a primeira xuntanza do “Espazo das Familias”. Esta primeira sesión a levamos a cabo tres educadoras do centro: Iria Flavia (0-1), Susana (1-2) e Emma (2-3) co fin de estar todas as aulas representadas xunto con Paula de Preescolar na Casa.

Para levar a cabo esta primeira sesión seguimos os seguintes pasos:

1- Mandamos unha pequena enquisa para coñecer os temas que máis lles preocupan ás familias.

2- Decidimos por maioría que o primeiro tema que máis interesaba era “Normas e límites. As rabechas”.

3- Fixemos unha pequena programación na que propuxemos unha primeira parte un pouco máis teórica coas familias e unha segunda parte en conxunto familia-crianzas.

4- Na primeira parte se fixeron xogos de rol, se deron algunhas pautas pero sobreto e o máis importante é que demos posibilidade ás familias de intercambiar experiencias, dúbidas, ideas,…

5- Na segunda parte xunto coas crianzas xogamos, cantamos e contamos un conto como fin desta divertida sesión.

Queremos dar as grazas a todas as familias que participaron pero sobretodo dicirlles ás que non puideron facelo que moi pronto volverá… a segunda sesión do Espazo das familias…

Como é o noso corpo?

As crianzas de 1-2 están descubrindo como é o seu corpo: cabeza, barriga, pernas, brazos… facendo a súa propia silueta… A experimentación deu para moito pois cada un fixo a súa propia e a decorou.

 

Ademais despois podedes ver un anaco de vídeo do moito que desfrutaron con esta actividade…(en breve).

En lembranza…

Mergullando no ordenador atopamos unha pequena homenaxe que fixemos ás crianzas da aula de 2-3 do curso pasado… como probablemente non o teñan pois si entran, de novo, no blogue para ver o traballo que seguimos realizando poderán atopar esta pequena sorpresa que Nuria e Iria desexan que lles guste… Aínda nos lembramos moitísimo de todas e todos!Moitos bicos…festa-de-fin-de-curso-07-08

Comezamos co Cesto dos Tesouros…

En primeiro lugar e antes de facer esta actividade o que fixemos foi crear un tríptico para as familias e explicarlles así o traballo que íamos desenvolver proximamente. Explicámoslles un pouquiño en que ía consistir a actividade, que días se ía desenvolver, que obxectos se necesitaban…

Unha vez feito isto eiquí tedes unha pequena mostra de como foi a nosa primeira sesión…