No Samaín desfrutamos nunha festa alucinante… Toda a comunidade educativa da galescola: familias (nas que non só participaban a nai ou o pai senón tamén, avós, avoas, madriñas, padriños, irmás, irmáns,…), educadoras/es e claro está as propias crianzas.
Cunha sorpresa engadida xa que tamén participaron as crianzas do curso pasado que agora xa están no cole das/os maiores. Xuntas/os puidemos desfrutar dunha serie de obradoiros que tiñamos preparados…
Os obradoiros desenvolveronse de 17:00 (hora de comezo da festa) até ás 18:00h xa que a esta hora tiñamos preparada outra pequena sorpresiña…
A festa foi todo un éxito… as familias, crianzas e educadoras/es desfrutamos moito deste gran día… cando estabamos comendo o chocolate apagamos as luces e acendimos todas as cabazas que se fixeran no obradoiro.
Por suposto agradecimos toda a colaboración prestada polas familias e tamén agradecimos a participación da nosa promoción do 2007-2008 a cal moi encantadas/os estivemos de recibir.
MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS!