Arquivos mensuais: Outubro 2008

Hoxe festexamos o 1º ANIVERSARIO DA GALESCOLA DE FENE!

Hoxe vai un ano que a nosa galescola votou a andar. Non foi un ano fácil pero si de moitas satisfaccións. Un duro camiño que con moita ilusión comezamos a percorrer todas e todos xunt@s. Un tren no que nos subimos e do cal non queremos baixarnos. Agora que xa vamos para o segundo ano seguimos cheas e cheos de ilusión e con moitas gañas de seguir tirando para adiante!

Moitas grazas a todas e a todos!

Con motivo deste festexo hoxe na galescola expoñeremos unha pancarta feita por educadoras e crianzas e, así mesmo, desfrutaremos dunha pequena festa de benvida de outono con follas, castañas,… e moito máis!

Eiquí podedes ir vendo algunha mostra do que imos facendo…

PA130168.JPG PA130169.JPG PA130170.JPG

PA140183.JPG PA140176.JPG PA140180.JPG

Divertímonos xogando coas follas…

PA150178.JPG PA150180.JPG PA150185.JPG

PA150175.JPG PA150182.JPG

PA150227.JPG PA150223.JPG PA150213.JPG

PA150190.JPG PA150195.JPG PA150197.JPG

PA150200.JPG PA150202.JPG PA150204.JPG Degustamos as castañas asadas! Que boas estaban!

Que xantamos na galescola?

Eiquí tedes unha mostra da comidiña tan, tan rica, que nos elabora a nosa cociñeira Isabel. Moitas Grazas Isa! Está todo boísimo!

P9190335.JPGP9190334.JPGP9190330.JPG

P9190328.JPGP9190326.JPGP9190325.JPG

P9190323.JPGP9190324.JPGP9190340.JPG

Collemos o noso prato no carriño…

Recollemos o noso prato ao carriño…

P9190358.JPGP9190351.JPGP9190331.JPG

Tamén temos unha pequena caixa na que despois de xantar deixamos os babeiros para lavar…

P9190357.JPGP9190359.JPG

E moitas máis cousiñas que vos iremos contando…!

Da árbore ao zume!(Os cabaliños de mar e as quenllas 2-3)

As crianzas de 2-3 pasaron unha divertida mañá rodeados de limón. Esta experiencia titulamola así porque puideron comprobar todo o proceso de elaboración do zume. Dende a recollida dos limóns que non observaron directamente aínda que si de maneira indirecta até beber ese zume riquisimo!

Primeiro observaron os limóns:

 festa de fin de curso 0031.jpg  festa de fin de curso 0021.jpg  festa de fin de curso 0011.jpg

Despois os abriron: Que diferentes son os limóns por dentro e por fóra!

festa de fin de curso 005.jpgfesta de fin de curso 007.jpgfesta de fin de curso 0061.jpg

                             festa de fin de curso 011.jpg

A continuación chegou o momento de exprimir: Anda que emocionante é este aparato que xira e xira e vota un líquido!

                                festa de fin de curso 0161.jpg

                           festa de fin de curso 0171.jpgfesta de fin de curso 0151.jpg

festa de fin de curso 0211.jpgIsto foi o que nos quedou dos limóns unha vez que todos estaban exprimidos!

Xa temos o zume listo: Que vos parece si o probamos? Todas e todos encantad@s e máis que houbera!

festa de fin de curso 024.jpgfesta de fin de curso 025.jpgfesta de fin de curso 028.jpg

                  festa de fin de curso 033.jpg Saude!

Agora toca cantar: a recoller, recoller, todo o mundo a recoller, sen romper, sen romper que despois hai que volver! Todo recollidiño… e a LIMPAR!

    festa de fin de curso 037.jpg   festa de fin de curso 039.jpg

O mundo do graffiti chega á galescola de Fene!

Dous artistas (Fernando e Ja), esprais, un muro e unha pouca de imaxinación! Estes foron os ingredientes para deixar coma un pincel a entrada da nosa galescola.                 Como viñemos explicando ao longo do blog este ano somos O MAR: estrelas de mar       (0-1), polbos (1-2), quenllas (2-3) e cabaliños de mar (2-3) son os protagonistas deste mar que dende a entrada até o fin inunda a nosa galescola.

1. Preparación dos recursos materiais e persoais:

festa de fin de curso 001.jpg  festa de fin de curso 002.jpg

2. Mans á obra!

 – O fondo:

festa de fin de curso 003.jpgfesta de fin de curso 004.jpg

– Os detalles:

 festa de fin de curso 006.jpg    festa de fin de curso 010.jpg  festa de fin de curso 012.jpg

3. Tatachán, resultado final!

festa de fin de curso 016.jpg festa de fin de curso 017.jpg festa de fin de curso 018.jpg festa de fin de curso 019.jpg festa de fin de curso 020.jpg 

                    festa de fin de curso 021.jpg

4. Autores desta obra de arte!

festa de fin de curso 015.jpg “Ja” festa de fin de curso 023.jpg “Fer”

A aula de bebés este ano son: AS ESTRELAS DE MAR

Iria e Nuria que somos as educadoras de 0-1 queremos facervos unha pequena presentación da nosa aula:

  IMG_13631.JPG  IMG_1364.JPGZona de descanso: na porta temos un cartel de cada crianza explicando Cómo durmo? Deste xeito se algunha das dúas faltamos a educadora que veña saberá cómo durme cada crianza.

 

   IMG_1361.JPG       IMG_13621.JPG 

O espello coa barra e a zona de xantar que ao igual que a de descanso tamén ten uns carteliños cos que saberemos que alimentos sí e cales non teñen introducidos as crianzas da aula.

  IMG_1366.JPG             IMG_1360.JPG

 “Chupeteiro temporal feito de lá”        “Cartel aniversarios”

                                       IMG_1367.JPG                                     

Concebimos o momento de hixiene como un momento educativo máis ao longo da mañá. Co cambiador no chan dános a oportunidade de interacturar, xogar, facer unha masaxe dun xeito máis directo e que ao longo do curso daralles a oportunidade ás crianzas de poder baixar no momento que o desexen.

IMG_1375.JPGIMG_1379.JPG

A nosa zona de xogo na que pasamos moito tempo porque polo momento só temos un gatexante, Rodrigo, que recorre a aula de aquí para alá ao longo da mañá.

Aínda nos queda algunha parte por mostrar que vos iremos ensinando xa que imos pasiño a pasiño…