Aproveitando o bo tempo que temos neste mes de setembro, as crianzas de 2-3 fixeron unha saída para ver os cambios que se están producindo coa chegada do outono. Temos a sorte de ter, moi pretiño da escola, un pequeno parque con árbores no que as crianzas puideron gozar dun ratiño de mañá, vendo as follas no chan o nas árbores, facendo unha pequena colecta para levar á galescola, e tamén aprendendo normas de educación vial xa que tivemos que cruzar un paso de peóns, ir ben agarradiñ@s pola beirarúa,…Aquí vos deixamos mostra de tan bonita mañá!
Dirixíndonos ao parque para a recollida!
Recollendo unhas follas para levar á escola!
Fer atopou algo, qué será?
E recollendo, recollendo, chegou a hora de voltar… Qué mágoa! O pasamos tan, tan ben!!