Arquivos mensuais: Maio 2008

15 de Maio do “Día das familias”

Co galo do festexo o vindeiro 15 de Maio  do “Día das familias”  incluímos na nosa programación diversas actividades educativas dirixidas ás crianzas e ás familias.

“PROGRAMACIÓN NA GALESCOLA FENE”

Martes 13 de Maio
(Santiago e Fernando)
18h “Os xogos populares na Galiza”  Presentación a cargo do Mestre e escritor “Antón Cortizas”  (Adultos).

18:45h-20h Tempo de xogos populares adaptados ás  idades das nosas crianzas. As familias poden achegar ao centro algún  xogo tradicional. (Familias e crianzas).

Libros e xoguetes tradicionais encheron o patio central. Grazas   GONZALO -pai de Emma-, POLO, FÁTIMA,…!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

libros.JPG   yo-yo.jpg

ESCOLA 020.jpg    ra.jpg

botellas.jpg

 

antón.jpg        nais pais.jpg

Cando facemos actividades polas tardes invitamos tamén as/os irmáns, das crianzas matriculadas no centro, convertendo os actos nun tempo de convivencia.

E mentras as familias escoitaban a Antón Cortizas….

Tempo de xogo.

 

bolos1.jpg

 

Tempo de pintar. 

 

Pintando1.jpg

Tempo da merenda. 

Merenda.jpg
merenda3.jpg   Merenda1.jpg

Tempo de relaxación.

sabala e xan.jpg   sabela e catuxa.jpg

GRAZAS CONCELLO DE FENE POLA PANTALLA E O PROXECTOR QUE FIXERON POSÍBEL A PRESENTACIÓN DE ANTÓN CORTIZAS.!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Xoves 15 de Maio
(Iria e Nuria)
18h  Tocamos, sentimos,……..experimentamos!  Obradoiro para Adultos cheo de cor no que as familias confeccionaredes un cadro. Materiais coma a plastilina , a  pintura de dedos,  papeis de texturas,….levaranvos a experimentar o que as vosas crianzas a cotío.(As crianzas  poden vir a escola aínda que o obradoiro é para adultos).

traballos.JPG    traballos (1).JPG

ESTRELA.JPG   CASA.JPG   CARACOL1.JPG

PREPARANDO.JPG   INICIO2.JPG   INICIO1.JPG

SARA.JPG   NOA.JPG    INICIO.JPG

GRAZAS Trini -nai de Yago-, María -nai de David, Verónica -nai de Iván-, Isabel -nai de Sara-, Ana Mª -nai de Noa Romero- e Mª Isabel -nai de Roi-.!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 

Martes 20 de Maio
(Susana e Marián)
18h Proxección de vídeos e posterior debate.
“El sueño imposible” I,II. Vídeo coeducativo sobre o reparto de tarefas no fogar e a educación das crianzas. (Adultos).
“Los niños lo ven, los niños lo hacen”  Repercusión  dos actos dos maiores no comportamento das crianzas. (Adultos).
“Mamás y papás”  Vídeo sobre os malos tratos. (Adultos).

(As crianzas  poden vir a escola aínda que o obradoiro é para adultos).
 

———–de Xuño
(Emma e Charo)
 17h  Festa de convivencia.
Proxección de fotografías feitas ao longo do curso, actuacións , concurso de cociña e outras sorpresas (Familias e crianzas).

Un saúdo.
Carolina

23 DE ABRIL “Día Mundial do libro e dos dereitos da/o autor/a” 0-1 anos.

0-1 anos

Marián e Susana argallaron para que nesta data tan sinalada unha avoa ou un avó viñeran á Escola Infantil a contar un conto ás crianzas. Preguntando, preguntando, deron con Xoán García, avó de Mateo. E chegado o día, unha grande, moi, moi, grande sorpresa nos agardaba. Xoán non chegou cun conto calquera que contar, Xoán non quería que lle deixaramos un conto da escola para ler, Xoán traía, baixo o brazo, un conto feito por el, cheo de retalas e  feitizo  coma agasallo do día do libro.

AVÓ.JPG

Lede con  atención e repetide todo o subliñado.
 

RATIÑO

Lonxe, moi lonxe,moi lonxe,
Cerca, moi cerca moi cerca,
Había un longo buraco
No que vivía RATIÑO.
 

RATIÑO con oito irmáns
E os seus queridos papás,
a familia Rataplás,
saían tomar o Sol
Polas tardes, un pouquiño.
 

RATIÑO non tiña pelo,
Pois era un rato noviño
e o sol quentáballe a pel
e poñíao mouriño.
 

Protexido cunha verza
Da horta do tío Farruco
Marabillado quedou
Cando oíu cantar ao cuco.
 

Cu-cú, cu-cú, cu-cú
“Entre marzo e abril,
sae o cuco do cubil”,
dixo súa nai Ratalinda.
 

Ao cuco – cuco – cunqueiro,
Cantareiro e saltarín.
Ao cuco – cuco – cunqueiro,
Voador e peregrín:
Cucando, saltando
Voando, eu o vín.

Cando o sol ía marchando
tras os  montes de Ferrol,
dixo papá “Ratovello “:
Ala!, ratiños todos,
Que xa vai ser noite pecha,
Recollede os xoguetes.
Imos á casa.

E, un a un,
Foi chamando neles.
Ratiño……….Si papaiño.
Raticida……..Agora.
Ratibrón…….Aquí estou.
Ratchula…….Si.
Ratulón………Xa vou.
Rataforte…...Vai.
Ratulador……Son eu o do rabo de color
                      Ratoxoguetón…Oh!, pai…agarda un pouquiño que aínda hai unha pinga de día.
 

 

 

Veña metédevos dentro que anoitece, e de noite, todos os gatos son pardos e non os vemos, e eles a nós si, con eses ollos como luces que brilan e queiman.

Familia Rataplás, todas e todos dentro, dexeron os papás ao mesmo tempo.
 

 

 

Ducharse, cear, ver un pouquiño os Lunnis e a durmir, que mañá é día de escola.


Vale mamá. Vale papá…Biquiños…múa,múa.múa.
 

XOÁN GARCÍA
En Perlío Fene, a 23 de Abril /Día do libro 2008

 

Un feixe de bicos, para ti, Xoán!!!!!!!!

GRAZAS, moitísimas GRAZAS polo teu tempo e adicación. 

 

 

 

23 DE ABRIL “Día Mundial do libro e dos dereitos da/o autor/a” 2-3 anos

Co galo do festexo do “Día Mundial do libro e dos dereitos da/o autor/a”  incluímos na nosa programación diversas actividades.

                               2-3 ANOS

Unha Escola Infantil sen contos e libros non sería unha Escola Infantil pero, hai outros sitios onde atopar moitos libros?
Claro! Unha biblioteca, por exemplo.
 

DE VISITA Á BIBLIOTECA DO CONCELLO DE FENE

Chove, chove pero a ilusión non entende de inclemencias atmosféricas! Velaí  nos tedes para iniciar a viaxe! 

Sa?mos.jpg

Chove, chove pero a ilusión non entende de inclemencias atmosféricas! Velaí  nos tedes para iniciar a viaxe! 

 

curioseando.jpg
Coñecemos libremente o espazo. Cantos libros!              

conto.jpg  o conto1.jpg

Escoitando o conto da lúa de man de Nuria.

a ler1.jpg
a ler2.jpg  a ler.jpg

Na biblioteca tamén están os BOLECHAS coma na Escola Infantil.

coñecemos a zona de maiores.jpg

Percorremos a zona de adultos e quedamos abraiadas e abraiados dos grandes e pesados libros colocados nos estantes.

pintando.jpg   colocación.jpg

Decidimos agasallar a Sonia, a bibliotecaria, con debuxos, para que decorase un anaco da grande biblioteca,  para que lembrase a nosa visita e, coma agradecemento  a xornada alí vivida.

carnets libro.jpg 

Antes de marchar cada crianza tiña nas mans un carné de de usuaria e un libro para levar a casa. Unha curiosidade, moitas crianzas  escolleron libros que temos na Escola Infantil.
Despedida1.jpg 

No bus de regreso, os sorrisos e o adeus!
BICOS E GRAZAS SONIA!!!!!!!!

GRAZAS CONCELLO DE FENE POLA VOSA COLABOURA.!!!!!!!!!!!!! BICOS