Arquivos mensuais: Abril 2008

COEDUCACIÓN=IGUALDADE

COEDUCACIÓN=IGUALDADE 

As/os profesionais da educación sabemos da necesidade de traballar dende as idades máis temperás en coeducación e igualdade xa que, os estereotipos de xénero absórbense aínda antes de aprender a ler.

O Concello de Fene, atraveso da Concellería de Benestar e Igualdade agasallounos con tres sesións de contacontos na Escola Infantil dentro do programa “Fene pola Igualdade”

                 1ª Sesión para Crianzas  8 Abril   11:30h 

P40807391.jpg
P40807361.jpg
        
          2ª Sesión para Crianzas e familias   16 Abril ás 18h
2ª.JPG
3ª.JPG

 

          3ª Sesión para Crianzas e familias 24 Abril ás 18h

4ª.JPG

5ª.JPG

GRAZAS A TODAS E A TODOS!!!!!!!!!!!!!!!!

 

A PRIMAVERA XA CHEGOU.

PRIMAVERA, PRIMAVERA

Todo volta e todo chega e así, paseniño, sen apenas decatarnos chegou chea de cores, aromas e matices a doce primavera.
Grazas a Antón, o xardineiro do Concello de Fene, temos un xardín matizado de flores de múltiples cores, formas e tamaños.

ESCOLA 249.jpg ESCOLA 250.jpg

Quixemos recibir ben a primavera  pero, tamén, despedir de forma divertida  o inverno. O frío, representado nuns grandes icebergs de xeo, e as fermosas cores da primavera, atraveso de froitas no seu interior, fixeron brotar moitos sorrisos.

    ESCOLA 241.jpg     ESCOLA 239.jpg

ESCOLA 243.jpg
P3140703.JPG   P3140700.JPG
P3140695.JPG

OBRADOIROS:CONVERTÉMONOS EN…

CONVERTÉMONOS EN………………..ELECTRICISTAS.

 

MARIO   VISITA A GALESCOLA   E ÁNGEL ACHEGA UN AGASALLO MOI ESPECIAL (6 de marzo).

 

Rematamos os obradoiros das familias e as  profesións coa temática da electricidade. As luces fascinan ás crianzas pero é de vital importancia aprendizaxes básicos relativos á seguranza e limitacións na manipulación.

              canto trebello.jpg

Mario e Ángel permitíronnos unha achega segura a trebellos da profesión.

 

         luces coche.jpg 

Pero, sen dúbida, a maior sorpresa foi cando ollamos o agasallo de Ángel.

         semáforo.jpg 

 

Unha caixiña chea de interruptores no que poder prender as luces dos coches e, tamén, o vermello, amarelo e verde dun semáforo que regula o tránsito.

        manipulando.jpg

Bicos e apertas para Mario,  pai de Bruno, e para Ángel, pai de Iván.   GRAZAS!!!!!!!.