Arquivos mensuais: Febreiro 2008

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

“ A única alternativa á guerra é a paz, e o único

camiño para a paz é a negociación”

GOLDA MEIR.

Política israelí.

paz.jpg
A Escola Infantil Fene festexou o día da Paz colocando un muro simbólico á entrada do centro. Muro que se derruba coas pombiñas decoradas das crianzas e coas verbas de nais, pais, avós, avoas e toda a gran familia que é esta comunidade educativa.
Respecto, comprensión, amor, solidariedade, empatía, en sinxelas frases e poemas, pequenos retalos de sentimento nados en colectividade por e para o mundo.

Un bico e unha aperta

paloma_pp.gif

Irmáu


Camiñan ao meu rente moitos homes,
no nos coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras
por enriba de muros e valados,
si os nosos sonos son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.

Celso Emilio Ferreiro

(do libro “Longa noite de Pedra”)

ninos.gif

“Non hai camiños para a Paz, a Paz é o camiño”
“A violencia é o medo ós ideais dos demais”
“O que se obtén con violencia, só se pode manter con violencia”
“Non deixes que morra o sol sin que morran os teus rencores”

“Ollo por ollo e todo o mundo quedará cego”

Mahatma Gandhi

paz0.jpg

CAMPAIÑAS DE NADAL

PINTAMOS CAMPAÍÑAS PARA DECORAR UNHA ÁRBORE QUE APARECEU Á ENTRADA DA GALESCOLA.

camp2.JPG camp3.JPG

camp1.JPG

GORROS, ZAPATILLAS,…

Canta roupa de inverno!

mantón.JPG

No inverno vai moito frío e trouxemos á Escola Infantil as nosas confortábeis zapatillas.

zapat.JPG

QUEN TEN UN GORRO COMA ISTE?

Sorrisos para o mundo.

NADAL BEBES(2).jpg

NADAL BEBES (1).jpg

Cor, cor ……vermello!

fonso,yago.JPG g2.JPG

g3.JPG g1.JPG

TEMOS CARTAS NA MAN, QUEN VISITA A GALESCOLA?

paxes (2).jpg paxes (1).jpg

Encántanos que veña xente !

paxes (3).jpg

AMARELO

AMARELO

Amarelo coma o maínzo, amarelo coma o sol, amarelo coma o marmelo amarelo coma o limón,…canto para experimentar e aprender!

reforma 036.jpg

É un pouco difícil debruzar no maínzo pero que ben soa ao metelo na gabeta amarela.

reforma 046.jpg SUN.gif

—————————————————–

Que ben saben os limóns do pais!

galescola de fene 060.jpg

PB060209.JPG galescola de fene 068.jpg

galescola de fene 073.jpg

Despois de probar un anaco de limón decidimos que sería mellor tomalo en zume botándolle un pouquiño de azucre.

20 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.

NA GALESCOLA FENE NON PODIAMOS DEIXAR PASAR UNHA DATA TAN SINALADA.
CANDO SE PODERÁN GARANTIR ESTES DEREITOS NAS CRIANZAS DE CALQUER PARTE DO MUNDO?
CANDO DEIXARÁN DE EXISTIR MENIÑAS E MENIÑOS UTILIZADOS COMA ESCRAVOS SEXUAIS E LABORAIS?
CANDO DESAPARECIRÁ CALQUER FORMA DE MALTRATO AOS SERES MÁIS INDEFENSOS?
CANDO MILLÓNS DE CRIANZAS NON TERÁN ESCRITO O SINO DE FAME E MORTE ANTES DE NACER?

head01_simbolo.gif VARIAS 055.jpg

As crianzas divírtense pintando para que tódolos adultos non nos esquezamos de loitar e denunciar o incumprimento dos dereitos das nenas e nenos de todo o mundo.

VARIAS 061.jpg

Canto nos gusta pintar !
A mestra dixo que hai outras nenas e nenos que non teñen pintura nin pinceis e hoxe pintamos por eles.

VARIAS 062.jpg VARIAS 063.jpg

VARIAS 069.jpg VARIAS 073.jpg

VARIAS 077.jpg

VARIAS 089.jpg

Un aplauso e unha foto para as autoras e os autores.

VARIAS 090.jpg

VARIAS 093.jpg