OUTONO CHEGOU FOLLAS SECAS NOS DEIXOU….

COMO É O OUTONO?

O outono son noces, castañas, ourizos e cores ocres, marróns, agranatados e gualdas. Ollade que bonito cadro fixeron en 1-2 anos.

Tamén apareceu na aula un cestiño moi pero que moi especial; cabazas, follas, millo,…

Pero para festa, festa a inolvidábel FESTA DAS FOLLAS DE OUTONO. Todas as crianzas da escola a divertirse coas crepitantes folliñas.

pelicula

 

 

 

COMER NA ESCOLA

COMER NA ESCOLA

Entendemos a alimentación mais alá da nutrición xa que as crianzas mentres comen, tamén se relacionan cos demais, exercitan a súa autonomía, adquiren unha actitude activa e de esforzo, senten respectados os seus sentimentos,…aspectos que van configurando a súa maneira de ser, de sentirse e de afrontar a vida.

Dende o punto de vista educativo plantexamos o desenrolo das comidas de maneira que permita ás crianzas experimentar e, en consecuencia, que aprendan a comer porque teñen fame, porque é bo, porque o necesitan, non para dar satisfacción ao adulto ou evitar que este lle reprenda. Por esta mesma razón, non é educativo nen beneficioso dar a comida á forza. É preferíbel que a crianza coma pouco a que o faga a desgusto e sentíndose violentada. Con respecto e sen forzar a crianza comerá mellor nas seguintes comidas a nosa misión é buscar recursos para estimular e reforzar a súa boa disposición cara a comida.

O interese pola comida comeza dende bebé cando permitimos que esté activo e participe no acto de comer. Se non lle damos a oportunidade ás crianzas de que fagan as cousas por si mesmas e se fai no seu lugar o que obxectivamente pode facer, lle transmitimos a dobre mensaxe “ti non sabes, o fas mal,…”

 

Lectura recomendada

“Pequeños y competentes: de las actividades cotidianas al aprendizaje de la autonomía.” Carme Thió de Pol, Pep Llenas.

CONCERTO PARA BEBÉS A CORUÑA

CONCERTO PARA BEBÉS

_______________________________________________________________________

O vindeiro domingo  3 de Novembro  Paulo Lameiro –pedagogo e músico portugués, ademais, de director da Escola de Artes SAMP en Pousos (Leiría)- dará varios concertos  no Centro Ágora na cidade de A Coruña.

Dende a escola vos recomendamos especialmente este concerto.

Tedes máis información en www.concertosparabebes.com

  • Dirección:Centro Ágora
  • Fecha: 03/11/2013
  • Requisitos:Público infantil, de 1 a 3 años.
  • Duración:40 minutos
  • Horario:11.00 , 12.30  y 17.00 h.
  • Precio:Entradas: 6 € y abono 3 familiar (como mínimo 1 adulto y 1 menor) 15 €Los menores de 3 años no pagan entrada.

    Aforo reducido: 100 plazas

5º Espectáculo de BEBESCENA. Conciertos para bebés son, ante todo, conciertos. Los bebés son convidados a escuchar.

El deleite musical compartido entre intérpretes y bebés, padres y hermanos, abuelos y amigos es lo que sostiene el proyecto. Los conciertos tienen como matriz la llamada ?música clásica?, pero se desarrollan en un alineamento relleno de temas tradicionales, de pop-rock y de improvisaciones vocales-instrumentales con la participación de todo el público.

Cada concierto es una experiencia de complicidades, donde los sonidos y los silencios sorprenden a todos. De Monteverdi a Mozart, del cavaquinho a los didgeridoos, se intercambian espantos y se escuchan suspiros.

La gran experiencia de los instrumentistas innunda la sala de momentos fuertes y los cantos estimulan el encantamiento. Con intérpretes apasionados por los niños, el tiempo pasa y el concierto termina en un plis-plas.

SAMAÍN

O Samaín é unha das nosas festas preferidas. Bruxas, cabazas e morcegos toman a escola para a ocasión. O ano pasado inauguramos a habitación do medo e nesta edición resultou, igualmente, exitosa. Merenda con castañas e batido, baile e acendido de cabazas completaron a festa.  No vídeo non estades todas e todos por cuestións técnicas, desculpade! A finais de curso levaredes un cd con todas as fotos. Grazas por participar!

samain

COLABORANDO

Dende a escola sempre estamos en disposición de axudar, na medida das nosas posibilidades,  a quen de nos necesite. Ao longo destes seis anos de andaina tivemos campañas de recollida de xoguetes polo Nadal, recollida de tapóns de plástico, mercadiño de Intermón Oxfan,…

 

Este ano temos abertas dúas liñas de axuda de forma permanente:

 

-Recollida de tapóns de plástico.

-Recollida de alimentos para Cáritas (O 15 de cada mes  achegamos ao local as doazóns).

 

Grazas familias pola vosa colaboración!

 

A ESCOLA XA É A CASIÑA DE TODAS/OS

 Benqueridas familias!

Iniciado o curso e durante o período de adaptación moitos sentimentos afloran ao deixar ás vosas crianzas na escola. A través da vivencia de experiencias positivas de separación, as vosas crianzas van superando pouco a pouco a ansiedade que lles produce a vosa marcha, quedando reducida ao natural sentimento de tristeza que provoca o alonxamento dun ser querido. A tristura pola separación nin se pode nin se debe evitar; é un sentimento indicativo da saúde mental e afectiva. O que temos que evitar e paliar, na medida do posíbel, é a ansiedade, a inseguridade ou a anguria.Como dixemos cada crianza ten os seus tempos e faise preciso respectalos. NON DESESPEREDES! chegará o momento no que a confianza fará que a vosa crianza quede tranquila na escola. Separarse é necesario para medrar e sentirse seguro/a da capacidade de vivir e sentirse ben sen a presenza dos pais.Non é aconsellábel aproveitar un momento de distracción da crianza para desaparecer, xa que sería iso, unha desaparición e non unha separación polo que xeraría na crianza mais inseguridade e desconfianza cara aos pais.Porque a separación é difícil, convén que a despedida sexa CURTA, INTENSA, RÁPIDA E SEREA. As dúbidas na marcha non fan mais que prolongar o sufrimento creando na crianza a falsa expectativa de que ao final non marchará a nai ou o pai.Non dubidedes en comentar as vosas dúbidas e inquedanzas o/as educador/as ou en dirección ENTRE TODAS E TODOS PODEMOS MELLORAR A ADAPTACIÓN !

 Agradecervos, finalmente a colaboración neste proceso e ÁNIMO que dentro duns meses a alegría das crianzas na escola fará que esquezades estes malos ratos iniciais.

Unha Aperta!

 

 

 AS PEQUENIÑAS