Proxecto Educativo

 

 

 

        ¿Como se define a nosa escola?
 

 

A escola infantil de Caeiro é un centro dirixido ós nenos e nenas entre 0 e 3 anos que corresponde ó primeiro nivel do sistema educativo español.
 

Responde fundamentalmente a un plantexamento educativo en función das necesidades dos nenos destas idades, ademais de cumplir un servicio de axuda ás familias na sua crianza (traballen estas ou non), ás que en ningun momento pode sustituir senon complementar.
 

Temos asemade en consideración que se trata do primeiro contacto das criaturas co mundo fora do fogar, onde desenvolverá as primeiras experiencias sociais como individuo e cidadán.
 

       ¿Qué ideas pedagóxicas definen
                     o noso Proxecto Educativo?
 

Este é o noso perfil do neno: competente, curioso, un descobridor e explorador activo; o protagonista do centro de educación infantil.
 

Este é o noso perfil de centro de educación infantil: un lugar cheo de posibilidades concebido para facilitar a estimulación do aprendizaxe, onde se dan as condicions e se crean situaciones para un desenvolvemento harmónico do neno.
 

Este é o noso perfil de educadora: unha profesional que acompaña ó neno dende o afecto, guiando e orientando as aprendizaxes que o propio neno realiza cada día.
 

 

 

 

 

 ¿A través de que principios metodolóxicos?

 

Non facer nada que o neno sexa capaz de facer por si solo.
A manipulación e a experimentación son as fontes do coñecemento.
O traballo corporal é a base dos procesos de aprendizaxe.
Tódalas actividades da escola, sen exclusión, son formativas e por tanto planeadas.
Cada neno é un individuo único pero que depende dun grupo.
 

 

 

 

 

  ¿Cómo se traballa o desenvolvemento do
                      neno  na escola infantil?
 

En tres áreas fundamentais:
 

1.      Identidade e autonomía persoal. Todo aquelo que fai referencia ó propio corpo, a valerse por si mesmo, a descubrirse como persoa diferente dos demais, a autoestima,…
2.      Medio físico e social. Coñecer os elementos que interaccionan co neno: a naturaleza, a función dos obxectos, as persoas, …
3.      Comunicación e representación. Refírese ás distintas formas de comunicación e relación que establece o neno co entorno: a través da linguaxe oral, da matemática, da plástica e da música, o neno pode expresar as suas vivencias e representar a realidade.
 

 

 

 

 

 

    ¿A través de que actividades se plasma?

 

Obradoiro de estimulación sensorial (xogo con materiais naturais e continuos:
       auga, area, luz, temperatura, texturas,…)
 

Obradoiro de xogo heurístico (descubrimento das propiedades dos obxectos e
          as relacións que manteñen entre sí)
 

Obradoiro de loxica matemática (clasificación, numeración, características dos
         obxectos: tamaño, cor, forma, volume,…)
 

Obradoiro de expresión oral e escrita (grafismos, fonética, lectura de imaxes,
         semántica…)
Obradoiro de expresión plástica (pintura, modelado, collage)
 

Obradoiro de música e dramatizacion (audicións e discriminación auditiva,
          manexo de instrumentos, ritmo, títeres, disfraces e maquillaxes,…)
 

Obradoiro de psicomotricidade (desplazamentos, equilibrio, esquema corporal,
        coordinación,…)
 

 

 

 

   ¿E como se organizan ó longo do curso?
 

En torno a varios proxectos de traballo que cambian cada certo tempo (mais ou menos un mes). No hall da escola móntase unha exposición para que as familias podan coñecer as liñas básicas de traballo.
               “O meu cole, os meus amigos”
“Follas, mazas e castañas”
“O pais dos xoguetes”
“Somos paiasos”
“O arco da vella”
“Animalandia”
“Glub, glub”
 

     ¿Cómo participa a familia  na escola infantil?
 

1.       Reunión xeral informativa e de presentación antes da matrícula
2.       Entrevista inicial de cada familia coa educadora-titora
3.       Reunión xeral de presentación do Proxecto Educativo do Centro
4.       Titorías. Realízanse preferentemente entre as 16 e as 16,30 h
                Cada educadora ten un día asignado para recibir as familias do seu grupo.
5.       Reunións de grupo (grupo de nais/pais coa educadora-titora)
6.       Entrega de informes de evolución (duas veces no ano)
7.       Colaboradores. Para atendimento das bibliotecas, para elaborar
                               recursos    para os obradoiros, para a animación das festas, …
8.       Taboleiro, circulares, paneis fotográficos (préstamo de audiovisuais,  álbum
                          de fotos familiares,…)
9.       As festas. Son ocasións especiais para se xuntar tódala comunidade educativa: a festa
                  de outono, de nadal, entroido, os maios, día Comenius, fin de curso….
 

                     Outras cousiñas…
 

OS CUMPLEANOS
Cada fin de mes celébranse os cumpleanos de tódolos nacidos nel, cunha festa colectiva onde os homenaxeados son os reixes do día. Uns días antes vos enviamos unha carta onde vos indicamos mais concretamente como podedes participar.
 

AS BIBLIOTECAS
Son dúas que funcionan en simultáneo os martes e xoves de 16 a 16,30 h.
* Bebeteca para nenos: préstamo de libros de imaxes, contos tradicionais, de auga,…
* Biblioteca para pais e nais: préstamo de libros sobre educación na primeira infancia, psicoloxía,…
                                      
   “BOS DIAS ALMORZO”
Actividade na que, por un día, nenos e nenas toman o almorzo na escola, cunha grande variedade de alimentos para tomar conciencia da importancia da primeira comida do día.
 

FOTOS/VIDEOS
   O longo curso fotografiamos ás nenas e nenos nas multiples actividades e vivencias que
   desenvolven día a día. Tamén adoitamos filmar en video a cada grupo para que podades
   observar os vosos fillos en acción. Todolos materiais estan a vosa disposición no ordenador
   da biblioteca.
 

 

 

                  

 

                        

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>