Arquivos do autor: felicidad

Celebración “Comenius Day”

P1010066.JPGP1010021.JPGComo remate do proxecto de cooperación europea Comenius que a escola levou a cabo durante este curso, o xoves 14 de xuño celebramos o día Comenius para  dar a coñecer á comunidade educativa os resultados conseguidos. A celebración contou cunha exposición fotográfica para coñecer as escolas asociadas no proxecto: 7º Kindergarten of Mytilene(Grecia) e Escola Santa Maria de Porto (Portugal). Tivemos ocasión de degustar as suas especialidades gastronómicas e de escoitar a musica tradicional dos seus paises.Tentamos transmitir ás familias a dimensión europea na educación que anima a todo o persoal da escola P1010028.JPGa embarcarse neste tipo de experiencias.

pequeconcerto 3

Hoxe asistimos na escola ao terceiro pequeconcerto deste curso. Recibimo-la visita de dous músicos que ticaban a batería e mailo saxo. Entre as 10 e as 11 da maña escoitamos, bailamos, manexamos os instrumentos, etc. ¡En fin unha troula!

P1010022.JPG