Arquivos mensuais: Xullo 2007

Celebración “Comenius Day”

P1010066.JPGP1010021.JPGComo remate do proxecto de cooperación europea Comenius que a escola levou a cabo durante este curso, o xoves 14 de xuño celebramos o día Comenius para  dar a coñecer á comunidade educativa os resultados conseguidos. A celebración contou cunha exposición fotográfica para coñecer as escolas asociadas no proxecto: 7º Kindergarten of Mytilene(Grecia) e Escola Santa Maria de Porto (Portugal). Tivemos ocasión de degustar as suas especialidades gastronómicas e de escoitar a musica tradicional dos seus paises.Tentamos transmitir ás familias a dimensión europea na educación que anima a todo o persoal da escola P1010028.JPGa embarcarse neste tipo de experiencias.