Tag de arquivo | Veterinarios

Xa temos poliños :)

Ola familias! Aquí vimos os/as veterinarios/as para contarvos o que fixemos ao longo do mes de maio, pero antes adiantámosvos que os ovos que tiñamos na incubadora comezaron a romper e naceron seis poliños. Ademais Poli e Pili volveron poñer dous oviños e estes Pili si que os está incubando. Para a próxima entrada prometemos […]

Ano novo …

Ola familias! Estades a punto de ler a primeira entrada do ano e, como xa hai algún tempo que non nos pasamos por aquí, ven cargadiña de actividades. Así é como rematamos os/as veterinarios/as o ano 2013: 1. Todas as mañás démonos a benvida coas tradicionais panxoliñas. 2. Elaboramos unha postal e levámola á exposición […]

A voltas coas panxoliñas!

Ola familias! Xa sabedes o que nos gusta traballar conxuntamente, por iso traémosvos unhas fotiños da maleta viaxeira que anda a visitar as vosas casas. Encántannos os luns desde que comezamos con este proxecto hihi e queremos contarvos que é un pracer ver como os/as pequechos/as amosan entusiasmados as producións! Grazas unha vez máis Como […]

Ule a castañas :)

Ola familias! Como sabedes esta quincena o magosto tívonos moi ocupados/as, pois foi o principal protagonista. Gustounos moito realizar as tarefas previas para a preparación da festa, aínda que o mellor foi asistir ao magosto con todos/as os/as amiguiños/as da escola Alí cantamos, bailamos e tivemos a visita da castañeira hihihi, que trouxo castañas para manipular, […]

Non paramos! Mirade! Mirade!

Ola familias Como sabedes, esta quincena estivo protagonizada polo Samaín: recibimos a caixa máxica das cabazas, decoramos unha delas, levámola á exposición do cole, pasámolo pipa manipulando as demais, pintamos morcegos, gozamos da curtametraxe “Corre, corre, cabaciña”… Tiñades que ver a festa que montamos hihihi. Ademais, unha das profes de pasteleiros/as visitounos co contacontos “Un […]

Menudos artistas :)

Ola familias! Chegou a terceira entrada do blogue dos/as veterinarios/as! Sabedes que esta quincena estivemos moi creativos/as? Visitounos Picassa (a guía do museo da escola) e ensinounos obras de pintores/as coñecidos/as. Gustounos moito, aínda que o mellor de todo foi poñernos a elaborar a réplica dunha desas obras. Está exposta no museo da escola e […]

Entre uvas e follas secas

Ola! Ola! Familias! Estabades agardando unha nova publicación? Pois xa estamos aquí cargados de novidades Sabedes que pasamos de veterinarios a vendimadores?, hihihi e que non paramos! Primeiro fixemos a recolleita das uvas, despois colocámolas nun recipiente e … veña a esmagar! Saíunos un mosto tan rico que non sobrou nin un chisco hihihi. Ademais […]

Ola! Ola! Caracola!

Aquí estamos os veterinarios comezando un novo curso e vímosvos contar o que estivemos a facer Como temos amiguiños/as que acaban de chegar á escola, o primeiro día convidamos á aula ás súas familias e, sabedes unha cousa?, puxémolas a traballar hihihi. En canto a nós, estámonos afacendo ás rutinas da aula. Deixámosvos como exemplo […]