XARDINEIROS: ENTRE MÁSCARAS

Bo día familias!! En febreiro estivemos metidos/as de cheo no entroido, polo que traballamos en torno a esta festividade; xogamos có baúl de disfraces, imitamos o entroido con fariña, elaboramos e desfrutamos dos nosos traxes de xardineiros, divertímonos con unha instalación de confetis e abanicos. Tamén fixemos diversos trasvases, psicomotricidade fina e caixa de luz […]

Entroido e cores na clase dos músicos!

Chega con febreiro un mes cheo de cores e de novas cousiñas coas que experimentar. Fixemos coas familias os disfraces cos que festexamos o entroido na escola e a partir de ahí realizamos experimentacións encamiñadas a esta festa tan nosa. Así, xogamos nunha instalación con confeti e abanicos, xogamos con disfraces e ata tirámonos fariña […]

Cociñeiros: Poñemos as máscaras

Ola familias! Por mor do Entroido en febreiro estivemos a traballar o conto “el carnaval de los animales”. Tamén xogamos con serpentinas, pompóns, confeti e plumas; pintamos o rostro; disfrazámonos… Ademais, no que vai de ano catro dos nosos peques festexaron o seu primeiro aniño Deixámosvos coas fotografías. Unha aperta.

Viva o entroido!!

Febreiro foi o mes de celebrar o entroido e a iso adicamos as semanas que acabamos de pasar. Xogamos a disfrazarnos, a pintarnos as caras, con confeti e cintas de cores como se dunha gran festa se tratase…Ademais, seguimos ao pe da letra as mensaxes que nos deixou o Meco na escola e trouxemos algo […]

O entroido dos pintores

Este mes os pintores desfrutamos de moitas actividades relacionadas co Entroido, achegándonos ás tradicións do noso contorno. Cumprimos os mandatos do Meco: pintámonos a cara, trouxemos adornos na cabeza…pareciamos auténticos choqueiros! Viaxamos ao Entroido de Xinzo xogando coa fariña, experimentamos na mesa de luz con plumas e teas de cores, enredamos con abanos e papeis […]

Folerpas de neve na clase dos músicos

O frío trouxo moitas cousas á nosa escola! Experimentamos coas cores invernais e xogamos nunha instalación con obxectos de cor branca, xogamos con minimundos de xeo e con animais que viven no polo. Sen dúbida, encantounos xogar con fariña! Enchemos a aula dela e gozamos moitísimo facendo transvases. Tamén argallamos unha tea de araña na […]

Cociñeiros: Entroido

Familias, así de guapos/as estabamos cos nosos disfraces

XARDINEIROS: folerpas de neve

Benvidos familias!!! Neste mes adicamos as nosas actividades ao inverno e ao frío: coñecimos os animais do polo, vimos o conto de ovelliña dame lá, fixemos contrastes de frío e quente con piñas, xogamos con unha instalación de cor branco, manipulamos fariña, pintamos con xeo, enredamos entre teas de araña, tocamos neve artificial e ata […]

Cociñeiros: Folerpas de neve

Ola familias En xaneiro, para traballar o inverno, os cociñeiros/as: experimentaron con xeo, gozaron dunha instalación con obxectos brancos, transvasaron fariña, manipularon botellas sensoriais con porexpan, crearon neve artificial, asistiron a un contacontos de inverno, participaron nun experimento que simulaba chuvia, recibiron a caixa máxica con prendas de abrigo, introduciron piñas en auga fría e […]

O inverno dos pintores

Os pintores fixemos un montón de actividades sensoriais como un camiño con diferentes texturas que experimentamos descalzas, xogamos a buscar as diferencias entre a auga fria, quente e mesmo o xeo e desfrutamos dunha morea de neve feita con papel, coa fariña xogamos a trasvases e nos enredamos nunha tea de araña!!