Arquivo | Cociñeiros

Cociñeiros: Fiunchos

Ola familias. No mes de maio estivemos a traballar a primavera: pintamos con flores, experimentamos cunha caixa de xardinaría, manipulamos terra, plantamos sementes… Por outra parte, aproveitamos esta estación para o coñecemento dos animais. Neste senso asistimos ao recuncho das abellas e probamos o mel. Tamén visitamos a incubadora para ver como nacían os poliños. […]

Cociñeiros: Sal e azucre

Ola familias! Facendo honra á profesión da aula e aproveitando que a maioría dos pequechos/as están pasando a menú mixto, pareceunos que os alimentos eran unha boa temática para o mes de abril. Neste senso: pintamos con especias, fixemos zume, degustamos alimentos variados, estampamos sobre papel de aluminio, debuxamos con pan raiado na mesa de […]

Cociñeiros: Arco da vella

Ola familias. Durante o mes de marzo estivemos a traballar as cores: miramos a través de aros vermellos, azuis, amarelos e verdes; probamos limóns; pegamos e despegamos cinta verde; visitamos a instalación de obxectos vermellos; manipulamos sal de cores; xogamos co arco da vella… Ademais festexamos os aniversarios de Álvaro e Uxía Feliz primeiro aniño […]

Cociñeiros: Poñemos as máscaras

Ola familias! Por mor do Entroido en febreiro estivemos a traballar o conto “el carnaval de los animales”. Tamén xogamos con serpentinas, pompóns, confeti e plumas; pintamos o rostro; disfrazámonos… Ademais, no que vai de ano catro dos nosos peques festexaron o seu primeiro aniño Deixámosvos coas fotografías. Unha aperta.

Cociñeiros: Entroido

Familias, así de guapos/as estabamos cos nosos disfraces

Cociñeiros: Folerpas de neve

Ola familias En xaneiro, para traballar o inverno, os cociñeiros/as: experimentaron con xeo, gozaron dunha instalación con obxectos brancos, transvasaron fariña, manipularon botellas sensoriais con porexpan, crearon neve artificial, asistiron a un contacontos de inverno, participaron nun experimento que simulaba chuvia, recibiron a caixa máxica con prendas de abrigo, introduciron piñas en auga fría e […]

Cociñeiros: Panxoliñas

Ola familias, decembro foi un mes máxico e queríamos deixarvos por aquí algunhas actividades dos pequechos/as: visitaron o poboado, desprazáronse en zorras, desenvolveron regalos, experimentaron con elementos propios destas datas, asistiron a un contacontos por parte do Concello… Ademais tiveron visitas moi especiais, como a do Apalpador, a dos Reis Magos e a vosa para […]

Cociñeiros: Entre cabazas e morcegos

Ola familias. No mes de novembro estivemos a traballar o Samaín: visitamos a exposición de cabazas que fixestes na casa, pegamos gomets nun fantasma grupal, creamos un xogo de memoria, manipulamos caixas sensoriais propias da época, pescamos ollos móbiles, derribamos latas monstruosas, xogamos con títeres na caixa de luz… Ademais comezamos a explorar as posibilidades […]

Cociñeiros: Follas secas

Ola familias! No mes de outubro estivemos a coñecer o outono para o que empregamos todos os sentidos: manipulamos unha percha sensorial, gozamos da ambientación da escola, degustamos froitos de temporada, experimentamos coa caixa de luz… Ademais démoslle a benvida a Alicia Unha aperta, vémonos pronto.

Cociñeiros: Os primeiros días

Ola familias No mes de setembro centrámonos en coñecer a aula, manipulando e experimentando cos diferentes xoguetes. Como sabedes, os primeiros días gustounos compartila con vós e agora vimos para ensinarvos algunha das nosas rutinas. Mirade! Mirade!