Os pintores no mes das flores
Posta en 4 Xuño, 2018 | Por betanzos | Deixe unha resposta
Ola familias! Estas semanas estivemos moi entretidos experimentando cos cambios que se producen na natureza nesta estación: plantamos sementes e ocupámonos do seu coidado, fixemos transvases con terra, achegámonos ao proceso de fabricación do mel, pintamos con plantas e flores que agroman na primavera, camiñamos sobre un corredor sensorial con elementos naturais…
Tamén gozamos con moitas propostas cheas de cor, nas que poñemos a funcionar todos os sentidos: pintamos un mural cos pés, experimentamos con lanternas e papeis, mergullámonos entre plásticos e botellas de cores e buscamos mil e un usos para as caixas de cartón. Pasámolo moi ben! Mirade!