Entroido e cores na clase dos músicos!

Chega con febreiro un mes cheo de cores e de novas cousiñas coas que experimentar.
Fixemos coas familias os disfraces cos que festexamos o entroido na escola e a partir de ahí realizamos experimentacións encamiñadas a esta festa tan nosa. Así, xogamos nunha instalación con confeti e abanicos, xogamos con disfraces e ata tirámonos fariña como o fan nas terras da Limia no Entroido, e encantounos!!

Tamén xogamos a facer transvases con diferentes elementos que sempre nos entusiasma.
E que non nos falten as nosas mesiñas de luz! Que tanto xogo nos dan. Esta vez xogamos nela con plumas, pompóns e vasiños… todo de diferentes cores.

Por último… estreamos algo que NOS ENCANTA!!! A MALETA VIAXEIRA!! Comezou Alma ensinándonos todo o que estivera a facer na casiña coa súa familia, e estivemos a gozar cos materiais que nos estades a traer. MOITAS GRACIAS!!

Agora… a seguir argallando cousiñas!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>