Viva o entroido!!

Febreiro foi o mes de celebrar o entroido e a iso adicamos as semanas que acabamos de pasar. Xogamos a disfrazarnos, a pintarnos as caras, con confeti e cintas de cores como se dunha gran festa se tratase…Ademais, seguimos ao pe da letra as mensaxes que nos deixou o Meco na escola e trouxemos algo na cabeza, unha prenda do revés, a cara pintada e ata un mandil. Tivemos duas grandes festas de entroido nas que lucimos os desfraces que as familias confeccionaron nos correspondentes obradoiros e outros que nunca pasan de moda como os de animais, princesas, carapuchiña vermella, etc. Foi un mes moi colorido e con moita música que nós mesmos fixemos cunha batucada con botes e culleres de pao. Aquí vos deixamos unha pequena mostra para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos.

DSC08677

DSC08783

DSC08790

DSC08915

DSC08932

DSC09166

DSC09214

DSC09396

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>