Arquivos mensuais | Marzo 2018

XARDINEIROS: ENTRE MÁSCARAS

Bo día familias!! En febreiro estivemos metidos/as de cheo no entroido, polo que traballamos en torno a esta festividade; xogamos có baúl de disfraces, imitamos o entroido con fariña, elaboramos e desfrutamos dos nosos traxes de xardineiros, divertímonos con unha instalación de confetis e abanicos. Tamén fixemos diversos trasvases, psicomotricidade fina e caixa de luz […]

Entroido e cores na clase dos músicos!

Chega con febreiro un mes cheo de cores e de novas cousiñas coas que experimentar. Fixemos coas familias os disfraces cos que festexamos o entroido na escola e a partir de ahí realizamos experimentacións encamiñadas a esta festa tan nosa. Así, xogamos nunha instalación con confeti e abanicos, xogamos con disfraces e ata tirámonos fariña […]

Cociñeiros: Poñemos as máscaras

Ola familias! Por mor do Entroido en febreiro estivemos a traballar o conto “el carnaval de los animales”. Tamén xogamos con serpentinas, pompóns, confeti e plumas; pintamos o rostro; disfrazámonos… Ademais, no que vai de ano catro dos nosos peques festexaron o seu primeiro aniño Deixámosvos coas fotografías. Unha aperta.

Viva o entroido!!

Febreiro foi o mes de celebrar o entroido e a iso adicamos as semanas que acabamos de pasar. Xogamos a disfrazarnos, a pintarnos as caras, con confeti e cintas de cores como se dunha gran festa se tratase…Ademais, seguimos ao pe da letra as mensaxes que nos deixou o Meco na escola e trouxemos algo […]

O entroido dos pintores

Este mes os pintores desfrutamos de moitas actividades relacionadas co Entroido, achegándonos ás tradicións do noso contorno. Cumprimos os mandatos do Meco: pintámonos a cara, trouxemos adornos na cabeza…pareciamos auténticos choqueiros! Viaxamos ao Entroido de Xinzo xogando coa fariña, experimentamos na mesa de luz con plumas e teas de cores, enredamos con abanos e papeis […]