Cociñeiros: Panxoliñas
Posta en 2 Xaneiro, 2018 | Por betanzos | 1 resposta
Ola familias, decembro foi un mes máxico e queríamos deixarvos por aquí algunhas actividades dos pequechos/as: visitaron o poboado, desprazáronse en zorras, desenvolveron regalos, experimentaron con elementos propios destas datas, asistiron a un contacontos por parte do Concello…
Ademais tiveron visitas moi especiais, como a do Apalpador, a dos Reis Magos e a vosa para tocar panxoliñas. Moitas grazas familias, estamos moi contentas de recibir o novo ano con vós
As fotos son preciosas. É normal que as peques vaian contentas á escola, facedes actividades xeniais con elas!