Mariñeiros: Folerpas de neve

Ola familias. Como en xaneiro vai moito frío aproveitamos as actividades para coñecer as características do inverno: manipulamos xeo, contrastamos auga fría con auga quente, vestímonos con roupa de abrigo…

Ademais achegámonos ao oficio dos mariscadores manipulando unha nasa, redes e cunchas. Como puidestes ver no corredoiro principal, outra das actividades foi realizar entre todas as aulas unha pomba da paz e conmemorar o 30 de xaneiro bailando xuntos/as.

Finalmente deixámosvos coas fotografías dos aniversarios de: Carlota, Daniel, Noa, David G. e Daniela. Parabéns pequerrechos/as, felices 3 aniños :)

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>