Arquivos mensuais | Febreiro 2017

Chegou o Inverno

Neste mes experimentamos, observamos e descubrimos moitas cousiñas sobre o Inverno dunha maneira moi divertida. Puidemos sentir os contrastes de temperatura na auga e xogar con roupa de abrigo entre outras actividades. Dentro da nosa temática do mar tamén seguimos coñecendo aparellos como as redes ou as nasas o día 30 de Xaneiro conmemoramos o […]

O inverno e os mergulladores

Hola familias! En Xaneiro, coa chegada do frío, os mergulladores puxémonos mans á obra para descubrir as características desta estación tan fría. Xogamos có cofre do inverno, que viña cargado de prendas típicas desta época, manipulamos xeo e ata fixemos contraste de frío e calor. Entre tanto descubrimento, tamén nos quedou tempo de rematar de […]

O FRIO DO INVERNO

Comezamos ano e comezamos temática, estamos adentrados en pleno inverno e non paramos de experimentar con novos materiais. Unhas novas sensacións coas que estamos desfrutando e coñencendo o mundo que nos rodea. Ademais, celebramos o Día da Paz xuntándonos todos facendo un gran corro e cantando cancións. Aquí vos deixamos unhas fotos destas últimas semanas.

Os fareiros descobren o inverno e van de festa!

Este mes comezamos a traballar o inverno facendo actividades de descobremento, de experimentación e de observación como manipular papel de prata, ou mesmo diferenciar entre auga quente e fria. Ademáis, neste primeiro mes do ano festexamos tres cumpres, tres amigos que xa teñen un ano! moitos parabéns Oscar, Sandra e Silvia!!

Mariñeiros: Folerpas de neve

Ola familias. Como en xaneiro vai moito frío aproveitamos as actividades para coñecer as características do inverno: manipulamos xeo, contrastamos auga fría con auga quente, vestímonos con roupa de abrigo… Ademais achegámonos ao oficio dos mariscadores manipulando unha nasa, redes e cunchas. Como puidestes ver no corredoiro principal, outra das actividades foi realizar entre todas […]