Arquivos mensuais | Outubro 2016

Benvidos ao curso 2016/2017 maricadores/as!

Comezamos un novo curso no que nos esperan centos de novas experiencias e sensacións. Estreamos aula e coñecemos novos amiguiños e amiguiñas coas que compartiremos todos estes momentos. As primeiras semanas, despois dunhas boas vacacións para coller forzas, acostumámonos de novo as rutinas e coñecimos os novos espazos da nosa aula. Ademais, festaxamos os cumples […]

Mariñeiros: Benvidos

Ola, ola, familias! Setembro foi un mes cheo de cambios pero os mariñeiros/as vimos para contarvos que pouco a pouco levámolos mellor. É por iso que xa comezamos coas rutinas, como o conto na asemblea e o aseo. Tamén estivemos explorando os diversos recunchos da escola, tanto interiores como exteriores. Despedímonos cunha fotografía moi especial, […]

Os redeiros comezamos un novo curso

Ola familias!! Benvidos/as á clase dos redeiros!!Este curso a nosa temática esta centrada nos oficios do mar e a nosa clase como xa sabedes é a dos redeiros. Temos por diante un montón de sorpresas e cousiñas por descubrir. Neste primeiro mes as nosas crianzas coñeceron a nova aula e os diferentes espacios da escola, […]

BENVIDOS MERGULLADORES/AS!!

Comezamos o curso con moitas novidades. Cambiamos de temática, os oficios do mar, e queremos dar a benvida aos novos mergulladores/as. Durante os primeiros días adicámonos a coñecernos entre nos e descubrir a nova aula. Pouco a pouco adaptámonos a aula e as novas rutinas. Mirade mirade como desfrutamos dos primeiros días na escola!!!

Os Fareiros descobren a escola

Este novo curso a aula de 0-1 converteuse na aula dos fareiros e recibiu a 7 novos amigos e amigas que viñeron dispostos a vivir novas experiencias, coñecer novos amigos/as e adaptarse aos novos horarios e as novas profes. Os primeiros días descubrimos a nosa aula, os xoguetes que a compoñen e, uns días máis […]