Arquivos mensuais | Xullo 2016

África

Ola familias! No mes de xuño estivemos a traballar o continente da nosa aula. Para coñecer África: – Fixemos experimentación Waldorf con follas da selva. – Elaboramos colares manipulando pasta. – Confeccionamos o safari que tedes á entrada da escola e visitámolo cos prismáticos para non perder detalle do panel interactivo e do photocall. – […]

Europa achegase a África

Nesta recta final Europa coñeceu as costumes e elementos máis característicos deste continente. Ademais celebramos o San Xoan saltando a luminaria e lavando a cara coa típica auga de flores.

América coñece o continente africano e celebra o San Xoán

Xa queda moi pouquiño para comezar as vacacións de verán pero non iamos rematar este curso sen coñecer África e as súas características máis significativas, ademais celebramos o San Xoán preparando a auga de flores e saltando a nosa cacharela particular.

Asia remata a súa andaina

Os meses pasaron rápido no continente de Asia e o curso chega a súa fin…deixámosvos unhas imaxes do que foi o derradeiro mes do curso na escola infantil e desexámosvos un moi bo verán e felices vacacións! agora toca coller forzas para afrontar o vindeiro curso coa mesma ilusión e cariño que este. Gracias familias […]

NA ANTÁRTIDA DESCUBRIMOS O CONTINENTE AFRICANO

O curso xa esta a piques de rematar e con el a nosa viaxe polo mundo. Como non podía ser doutro xeito faltábamos coñecer o gran continente africano. Tivemos a gran sorte de experimentar con periódicos e plantas, coñecer os animais que viven en África e as súas características así como construir unha cabaña típica […]