África: Folerpas de neve

Ola familias :) Na aula de África continuamos a coñecer a Antártida e como sabemos que alí vai moito frío estas son as actividades que estivemos a facer durante o mes de xaneiro: manipulamos unha táboa sensorial baseada nos animais que viven no xeo, pintamos sobre papel de aluminio, elaboramos un iglú co que logo puidemos xogar, experimentamos coa caixa de luz, creamos neve artificial, fixemos psicomotricidade sobre papel de burbullas, confeccionamos un pau de chuvia, contrastamos auga fría con auga quente e decoramos entre todas as aulas unha paisaxe invernal. Mostrámosvos algunhas delas.

Ademais, para conmemorar o Día da Paz recibimos a visita de Bea (madriña de Leo) e Vero, dúas cooperantes que están a piques de marchar a África para a súa nova andaina como voluntarias. Elas faláronnos sobre a súa experiencia, amosáronnos fotografías e ensináronnos unha danza típica africana.

Despedímonos cos aniversarios de Leo e Jesús. Parabéns pequerrechos, felices 3 aniños!

1

2

3

4

5

6

7

Collage

Aniversarios (3)

Aniversarios (4)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>