África: Camiño de sal

Ola familias :)

Nestes quince días estivemos a coñecer algunha das tradicións gregas, por iso, fixemos un mosaico, elaboramos un camiño de sal imitando un símbolo grego e experimentamos co principio de Arquímedes relativo á flotación.

Ademais achegámonos a Irlanda para coñecer a Leprechaun, o trasno que vedes nunha das fotografías. Sobre el contamos un contiño e fixémoslle unha caseta para cando queira quedar na escola.

Finalmente estreamos dous novos recunchos, o hospital e a carpintaría. Despedímonos cunha fotografía de Teo, que celebrou os 2 aniños con nós. Parabéns pequecho!

1

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>