En marcha

Ola familias. Esta quincena os cabaleiros estivemos a traballar os medios de transporte, comparando os do medievo cos actuais. Aproveitamos a temática para exercitar a lingua por medio dun conto motor, tamén experimentamos coa flotación ao falar dos transportes acuáticos e gustounos moito facer coches con rolos de cartón e voar avións de papel.

Ademais visitamos a exposición das producións de barro que fixestes as familias no obradoiro. Ese mesmo día unha das familias trouxo un montón de herbas aromáticas e os cabaleiros pasámolo en grande ulíndoas todas.

Outra das nosas ocupacións foi realizar unha sesión de psicomotricidade na aula. Como novidade, xogamos cos imáns da aula dos bufóns. Finalmente estivemos a facer fincapé na rutina de lavar os dentes.

Antes de despedirnos poñémosvos unha fotografía do Día das Letras Galegas, conmemoración na que Pablo R. ensinounos o ben que toca a pandeireta. Tamén compartimos con vós o aniversario de Pablo M. Parabéns pequecho :)

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>