Arquivos mensuais | Abril 2015

Chegou a primavera na aula dos Feiticeiros

Durante este mes, co cambio de estación, estivemos a traballar a primavera, fixemos un cartel para dar a benvida a esta tempada, tinguimos un clavel, recibimos a Caixa máxica chea de flores, vimos diferentes insectos, confeccionamos flores…mirade canto fixemos!

Os campesiños reciben a Primavera

Logo destes días tan soleados os campesiños recibimos a Primavera por todo o alto experimentando con flores, pintando e decorando a nosa escola para a ocasión! mirade o moito que traballamos mentres nos divertimos…