Arquivos mensuais | Outubro 2014

Habelas, hailas…

Como non podía ser doutra maneira, a derradeira semana de outubro adicámola a unha festa tradicional galega como é o Samaín, cada día fixemos unha actividade diferente relacionada con esta temática como manipulación de cabazas, decoración para colocar pola escola con unhas botellas, un pastel de cabaza que estaba boísimo, decoramos a cabaza da aula […]

Os Feiticeiros festexan O Samaín

Os Feiticeiros xa estamos de volta con novas actividades; como non, durante estas semanas estivemos a traballar O Samaín…convertemos unhas follas secas en temibles pantasmas, pintamos unhas meigas que daban moito medo, cociñamos un rico pastel de cabaza e decoramos unha para expoñer coas demais cabazas achegadas polas familias… mirade o resultado!! Esperamos que vos […]

Habelas hailas

Ola! Ola! Familias! Os cabaleiros vimos para ensinarvos que estamos totalmente inmersos no Samaín: xuntámonos cos feiticeiros e cos trobadores para ver curtametraxes, elaboramos morcegos que decoran a escola xunto cos aportados pola familia de Leo, pintamos meigas, aprendemos a facer un pastel de cabaza e decoramos unha delas para levala á exposición na que […]

Chegou o Samaín a aula dos trobadores

Chegou o Samaín a escola e os Trobadores puxémonos mans a obra, pintamos meigas, pantasmas con follas secas, cabazas e para rematar fixemos un pastel de cabaza.

Os trobadores estamos de aniversario

Algúns dos amigos e amigas Trobadores cumpriron un aniño e para festexarlo fixemos unha gran festa con baile e torta de cumpreanos. Parbéns Trobadores!!!

Chegou o Samaín a aula dos campesiños

Estas semanas os campesiños comezaron os preparativos para festexar a festa do Samaín, unha festa que non da medo na nosa escola pero que sí o pasamos de medo preparándoa!! Recibimos a Caixa máxica que nos trouxo cabazas, outro día experimentamos con elas e a decoramos para lucila xunto coas decoradas polas familias. Tamén pintamos […]

O outono chegou aos Trobadores

O outono chegou e con el os cambios característicos desta estación. Caen a follas, recolleitamos as uvas para facer o zume, descubrimos a Caixa máxica chea de sorpresas, manipulamos froitas típicas do outono e como non, pintamos coas nosas mans un mural coas cores representativas desta estación.

Entre uvas e follas secas

Ola! Ola! Familias! Nestas dúas semanas os cabaleiros celebramos a vendima: recollemos as uvas, probámolas, pisámolas e degustamos un rico mosto. Queredes ver o proceso? Mirade! Mirade! Ademais pintamos o noso propio acio, tédelo exposto no recuncho artístico da nosa aula. Tamén recibimos o outono e con el viñeron os bits, a caixa máxica, un […]

Os feiticeiros reciben a chegada do Outono

Xa chegou o Outono e para traballalo fixemos un mural con follas secas e ademais recolleitamos uvas para facer un rico mosto.

Chega o Outono e con el a Vendima

Os campesiños estivemos a traballar moito recolleitando acios de uvas e facendo zume. Ademáis dimos a benvida ao Outono facendo un bonito mural.