Coco Coco Cocororococo

Ola familias! Aquí vimos os/as veterinarios/as para contarvos o que fixemos durante o mes de abril. Como vistes, a primavera fixo que mudásemos a decoración tanto da aula como da escola, aprendemos moito cos bits de insectos, recibimos a caixa máxica e plantamos bulbos.

1

2

3

4

5

6

7

8

9

Ademais, con motivo do día do libro, dedicamos unha semana á lectura. Así, fixemos marcapáxinas, visitamos a biblioteca da escola e pasámolo en grande cun contacontos organizado polo papá e a mamá de Mencía. Vaia artistas están feitos, ata trouxeron un acordeón :) E sabedes unha cousa? Mencía herdou as súas dotes. Mirade! Mirade!

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

Finalmente chegou a nosa semana! Como sabedes, estamos a dedicar cinco días de cada mes a homenaxear as nosas aulas e a semana da clínica veterinaria vivímola así:

1 – Estivemos coa nai de Delia, unha experta veterinaria, que veu á escola cos seus útiles de traballo para explicarnos en que consiste.

2 – Recibimos a visita de Rabbit e vimos pequenos vídeos nos que aparecían moitos animais.

3 – A familia de Javi volveunos traer a Poli :) Cantas ganas tiñamos de velo! Veu acompañado pola súa moza, Pili, aínda están na escola e, a día de hoxe, xa puxeron tres ovos. Ademais, o papá e a mamá de Javi trouxeron unha incubadora e moitos ovos que todo apunta que están a piques de dar poliños. Deste xeito podemos presenciar o proceso natural e artificial de incubación.

21

22

23

24

25

26

27

28

29

Tamén queremos contarvos que fixemos cambios na asemblea. Cada día temos un encargado de aula que, entre outras tarefas, asume os coidados de Poli e de Pili. Xa para despedirnos, gustaríanos agradecer unha vez máis a vosa participación. Estamos encantados/as coas familias da escola pois é todo un pracer traballar convosco. Unha aperta! Vémonos pronto :)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>