Entre pasteis e máscaras

Ola familias :) O mes de febreiro foi moi especial pois Claudia incorporouse á nosa aula. Ademais tivemos dous claros protagonistas: a semana dos/as pasteleiros/as e o Entroido.

Como puidestes comprobar, na semana dos/as pasteleiros/as pasámolo en grande: manipulamos fariña, elaboramos pan, pintamos con chocolate e fixemos un obradoiro de cupcakes. E que están tan de moda! hihihi.

1 2 3 4 5

En canto ao Entroido gustounos moitísimo vir caracterizados, pero ademais: creamos unha alfombra vermella para o desfile que presenciastes, fixemos máscaras, pintamos o rostro, elaboramos un novo cadro para o museo e organizamos unha festa de disfraces.

6 8

7

9 10 11 12 13

Hihihi con estas últimas fotografías podedes comprobar que nos sentimos como na casa! Biquiños. Vémonos pronto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>