A voltas coas panxoliñas!

Ola familias! Xa sabedes o que nos gusta traballar conxuntamente, por iso traémosvos unhas fotiños da maleta viaxeira que anda a visitar as vosas casas. Encántannos os luns desde que comezamos con este proxecto hihi e queremos contarvos que é un pracer ver como os/as pequechos/as amosan entusiasmados as producións! Grazas unha vez máis :)

Como puidestes observar nestes días pola escola o Nadal é o principal protagonista. Que ben o pasamos manipulando o que contiña a caixa máxica :) Ademais fixemos uns renos para decorar a aula. Aquí tedes unha mostra!
Despedímonos cunha desas fotografías que nos gustan tanto, o segundo aniversario de Mateo :) Parabéns! Vémonos pronto. Un bico grande.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>