Ola! Ola! Caracola!

Aquí estamos os veterinarios comezando un novo curso e vímosvos contar o que estivemos a facer :) Como temos amiguiños/as que acaban de chegar á escola, o primeiro día convidamos á aula ás súas familias e, sabedes unha cousa?, puxémolas a traballar hihihi.

En canto a nós, estámonos afacendo ás rutinas da aula. Deixámosvos como exemplo o xogo por recantos, aínda que se vos contamos un segredo, tamén nos gusta moito o momento da galleta hihihi, qué lambóns!

Esperamos que gocedes co blogue e que sigades con entusiasmo as nosas publicacións. Despedímonos con dúas fotografías moi especiais, o segundo aniversario de Aroa e Antón :) Parabéns pequechos/as! Vémonos pronto!

1 resposta en Ola! Ola! Caracola!

  1. Qué bonitas as fotos! Moitas gracias por compartilas, fainos moita ilusión ver o que fan os nosos peques na escola. Está claro que o pasan xenial! Gracias profes polo voso traballo!
    Bicos (e estaremos atentos a novas publicacións jijij ;) )

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>